British Aerospace ATP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
British Aerospace ATP
SE-LLO BAe ATP Nextjet VBY.jpg
ATP da sueca Nextjet
Tipopasaxeiros
FabricanteBritish Aerospace
Primeiro voo6 de agosto de 1986
Introducido1988
Produción1988 - 1996
Unidades construídas67

O British Aerospace ATP (Advanced Turbo-Prop) é un avión de pasaxeiros producido por British Aerospace. Foi introducido nos anos 80 como unha evolución do Hawker Siddeley HS 748. O aumento do prezo do combustible e as preocupacións sobre os ruídos dos avións fixeron que dende British Aerospace se pensase que había un bo mercado para turbohélices de curto alcance pouco ruidosos e cun consumo eficiente. Porén, no momento do seu lanzamento ese segmento xa estaba ben representado con modelos como os de Havilland Canada Dash 8, ATR 42 e ATR 72 e a súa produción rematou despois de fabricar tan só 67 aparellos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "British Aerospace ATP & Jetstream 61". BAE Systems (en inglés). Consultado o 2020-12-03.