Saltar ao contido

Aceráceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aceráceas
 Nome taxon
    Sapindaceae
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeSapindales
 FamiliaSapindaceae Editar o valor en Wikidata
Juss., 1789 Sapindaceae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/020nsw Editar o valor en Wikidata
MeSHD029631 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777553757 Editar o valor en Wikidata
ITIS28657 Editar o valor en Wikidata
OTT22442 Editar o valor en Wikidata
CoLFY3 Editar o valor en Wikidata
EOL4415 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-7000000544 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As aceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies de árbores e arbustos, polo xeral caducifolios con flores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobre sámara.

Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia das sapindáceas (Sapindaceae), familia pertencente á orde Sapindales que ten arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela os pradairos (xénero Acer) e os castiñeiros das bruxas (xénero Aesculus).

Características

[editar | editar a fonte]

Son árbores, arbustos, rubideiras e herbas, frecuentemente guacos. Follas esparexidas. A miúdo con células secretoras. Flores hermafroditas, ou unisexuadas por aborto, zigomorfas, en xeral pentámeras, xeralmente cun disco anular excéntrico entre a corola e o androceo, con 8-10 estames; xineceo de 2-3 carpelos concrescentes, cun único óvulo cada un. Froito variábel, capsular, seco e indehiscente, esquizocarpico, en baga ou drupa.

Aceraceae

[editar | editar a fonte]

Coma dixemos as aceráceas agrupaban a unhas 125 especies nativas das rexións frías do hemisferio norte, nos xéneros vexetais Acer (os pradairos) e Dipteronia; estudos xenéticos recentes levaron a reclasificar este taxon coma parte da familia Sapindaceae, polo que non se emprega actualmente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]