A acacia do Senegal (Acacia nilotica) é unha especie de acacia nativa de África e do subcontinente indio. Actualmente tamén hai unha especie invasiva de presenza significativa en Australia.
É un arbusto ou pequena árbore natural de zonas tropicais de África ao subcontinente indio. Medra dende Exipto ao Mozambique e tamén se atopa en Zanzíbar, na India e Arabia, medrando preferentemente en terreos secos, areentos e desérticos nos que predomina un clima seco.
Moi apreciado pola exsudación gomosa das súas pólas, que se produce na parte interna da casca, obténdose a goma arábiga. É unha pequena árbore cunha copa densa e esférica, que acada os 5-8 metros de altura. O talo e as pólas posúen a casca gretada que exsuda resina gomosa. As follas son bipinnadas, con 3-6 pares de pínnulas e con folíolos agrupados apareados de oito ou dez en cada unha. As espiñas punxentes aparecen de catro en catro. As flores moi numerosas son de cor amarela, pedunculadas en cabezas globulares de 1'5cm.