Copa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa de licor
Copa para champaña

Unha copa é un vaso destinado a conter líquido para beber que posúe un pé como base. Por extensión tamén á cantidade de líquido que cabe na copa, denomínaselle copa (por exemplo unha copa de viño).

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que os primeiros recipientes para beber cervexa (anterior ao viño) de tipo xerra remóntanse ao 3000a.C., e ata entrado o século X non se pode comezar a falar de copas propiamente ditas.

Romanos e fenicios usaban unha única copa para toda a familia, que se colocaba en metade da mesa para uso de todos. Debido ao seu alto prezo, só as familias ricas podían permitirse unha, normalmente de luxo e moi pesada.

A situación cambiou coa aparición da técnica consistente en soprar o vidro, que fixo máis accesible posuír copas de vidro, aínda que seguían sendo caras ademais de fráxiles. Co paso do tempo as técnicas evolucionaron e o prezo do vidro, e xa que logo das copas, baixou.

No Renacemento producíronse novos deseños realmente espectaculares con novos materiais e incrustacións. Durante o século XVII cámbiase o vidro por cristal, máis brillante e máis maleable que este.

En 1977 certifícanse as copas para degustación. A forma, o grosor do cristal e ata a cor da copa inflúen á hora de degustar o viño e na percepción que ten o catador sobre a bebida.

Mitos sobre as copas[editar | editar a fonte]

  • Durante a Idade Media críase que bastaba con beber dunha copa feita co corno dun unicornio para librarse do mal causado por calquera veleno.
  • Probablemente a copa máis famosa sexa a do Santo Cáliz (ou Santo Graal), a mítica copa que usou Xesús na Última Cea e a que se lle atribúen poderes sobrenaturais, tales como curar as enfermidades ou a vida eterna.