Abrente (1957)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Abrente
Nº de páxinasEntre 24 e 64
Fundación1957
PropietarioCasa Galicia de Valladolid
LinguaCastelán e galego
ImpresiónGráficas Lafalpoo e Imprenta Samagón
PeriodicidadeAnual
Tiraxe1000 exemplares

A revista Abrente é unha revista de periodicidade anual publicada por primeira vez en 1957 pola Casa Galicia de Valladolid. A súa primeira publicación realizouse cunha tiraxe de 1000 exemplares. A revista está escrita en galego e castelán, mais con predominio do castelán. O galego só é empregado en colaboracións literarias. A revista ten entre 24 e 64 páxinas e é gratuíta. As empresas encargadas da súa impresión foron Gráficas Lafalpoo (Valladolid) e a Imprenta Samagón (Sevilla, 46 (Delicias)).

A dirección da revista estivo constituída por Francisco Villares Ortuño, Jesús Rodríguez Chás Gómez, José Pérez Sanjurjo, María Nieves Ramos, Ramón Vázquez Rivas e Xoán Manuel González.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Algúns colaboradores da revista foron Álvaro Cunqueiro, Ángela Alonso (fotografía), Antonio Barbosa Fernández, Antonio Diéguez Añel, Ánxel Gómez Montero, Augusto M. Casas, Camilo Alonso Vega, Camilo Domínguez Vicente, Cándido Conde Pumpido, Celso Emilio Ferreiro, Constantino Lobo Montero, Eduardo Sanjurjo, Esmeralda Romanos, Fermín Gutiérrez de Soto, Fernando Medina Mendoza, Fernando Quiroga Palacios, Francisco López Carballo, G. Arias, Geli Plaza (fotografía), Gerardo Diego, Jesús García Fiso, José María Pérez Sanjurjo (asesoramento), Juan Beceiro, Juan Ferreiro González, Loreto Pérez Pescador, Luciano del Río, Luis Romay, Manuel Cuña Novás, Manuel Fernández Castro, Manuel Fraga, María do Carme Taboada Besteiro, Oscar Muñoz Ovelleiro, Pedro Nieto Antúnez, Pío Cabanillas Gallas, Purificación Martín Sanz, Ramón Lorenzo, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Robles Pazos, Roberto Luis Moskowich, Susana Menéndez Otero, Xerardo Caíña Lamas, Xosé Neira Vilas.

Contido[editar | editar a fonte]

O contido da revista está ligado ao obxectivo da súa creación: achegar Galicia e a súa cultura a todos os asentados en Valladolid. En consecuencia, as temáticas desenvolvidas son a lingua, a literatura, o folclore, os contos e lendas etc. Os primeiros números están adicados a Santiago Apóstolo e, de feito, a súa publicación coincidía con esas datas até 1985.

A revista presenta abundante publicidade de carácter comercial por tódalas súas páxinas. As fotografías non son moi abundantes, principalmente de paisaxes galegas. Tamén inclúe debuxos e viñetas humorísticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]