Camilo Alonso Vega
Camilo Alonso Vega | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de maio de 1889 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 1 de xullo de 1971 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | militar e político |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Medalla Militar, Medalla de sufrimentos pola patria, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz del Mérito Aeronáutico con distintivo blanco, Medalla de ouro de Vitoria-Gasteiz, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Camilo Alonso Vega, nado en Ferrol o 29 de maio de 1889 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1971, foi un militar galego, que formou parte da rebelión en contra do goberno da Segunda República Española, participou na guerra civil que orixinou o fracaso da rebelión e ocupou altos cargos durante a posterior ditadura franquista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou na Academia de Infantería de Toledo que mandaba o coronel Jose Villalba Riquelme e participou na guerra de Marrocos baixo o mando de dito militar. Tenente coronel en xullo de 1936, dirixiu a sublevación militar en Áraba, que triunfou, e a represión organizada que houbo contra os leais á República. Participou nos combates da fronte do Norte, ao mando da 4ª División de Navarra. Ascendido a xeneral de brigada, tralo final da guerra civil
- 1939 Nomeado subsecretario de exército
- 1942 Nomeado procurador en Cortes ata 1969.
- 1943 Nomeado director xeneral da Garda Civil, ata 1955
- 1957 Nomeado ministro de Gobernación, cargo no que se mantivo ata 1969. A súa etapa caracterizouse pola brutalidade dos métodos represivos que utilizou a policía contra a oposición política, que lle valeron o alcume de Camulo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El frente de Álava, por Guillermo Tabernilla (en castelán).