Constantino Lobo Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaConstantino Lobo Montero
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1900 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Constantino Lobo Montero, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1900 e finado en Madrid o 1 de decembro de 1993, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jenaro Lobo, maquinista naval de Valencia, e Francisca Montero, veciña de Mugardos. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia e cando se graduou como oficial participou na campaña de Marrocos. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado en Ferrol, uniuse á sublevación e combateu na guerra como comandante de Artillaría. Ao rematar foi avogado de varios republicanos nos consellos de guerra de Ferrol. Ascendeu a xeneral de Artillaría e foi nomeado Secretario Xeral Técnico do Ministerio de Industria e Comercio, e despois conselleiro do Instituto Social da Mariña e do Instituto Nacional de Previsión. En 1953 creou a sociedade mutua e asistencial Asepeyo. Ascendido a tenente coronel en 1953, foi destinado á Casa Militar do Xeneral Franco, e o ano seguinte ao Rexemento e Parque de Artillaría de Ferrol. Foi nomeado Gobernador Militar de Ferrol en 1958. Tenente xeneral honorario e expresidente da Agrupación de Alféreces Provisionais. Tivo grande amizade con José Antonio Girón de Velasco. Foi presidente do Centro Galego de Madrid de 1952 a 1972 e membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
  • Gran Cruz da Orde de Cisneros.
  • Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco.
  • Fillo adoptivo de Ferrol
  • Fillo predilecto da provincia da Coruña.
  • Unha rúa de Ferrol levou o seu nome.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1944 con Humbelina Franco González-Llanos e foi pai de Constantino, María del Carmen, Mercedes e María de los Ángeles Lobo Franco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-12-1993, p. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]