Saltar ao contido

Abebe Bikila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbebe Bikila

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1932 Editar o valor en Wikidata
Scioa (Imperio de Etiopía) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Adís Abeba (Imperio de Etiopía) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEtiopía Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Peso57 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniano, fondista, atleta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEtiopía Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón Editar o valor en Wikidata
Participou en
1968Xogos Olímpicos de 1968
1964Xogos Olímpicos de 1964
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:1) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0082069 IAAF: 14359309 Olympic.org: abebe-bikila WikiTree: Bikila-1 Find a Grave: 10830587 Editar o valor en Wikidata


Abebe Bikila no maratón dos xogos olímpicos de Roma.

Abebe Bikila (en amhárico አበበ ቢቂላ), nado en Scioa o 7 de agosto de 1932 e finado en Adís Abeba o 25 de outubro de 1973, foi un corredor de maratóns etíope, dúas veces campión olímpico, en Roma 1960 e Toquio 1964.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Axente de policía e garda do corpo persoal do derradeiro emperador etíope, Haile Selassie, Abebe Bikila (consérvase a orde onomástica etíope, na que en primeiro lugar se cita o apelido -Abebe- e logo o nome propio -Bikila-), nado en Scioa, no Imperio de Etiopía, converteuse nun heroe nacional despois de obter a medalla de ouro na XVII Olimpíada en Roma.

Desde os Xogos celebrados en Roma no ano 1960, circula a lenda de que Bikila venceu e correu toda a distancia completa da maratón, 42,195 km, descalzo. En realidade comezou calzado, mais tendo problemas cunha das zapatillas no transcurso da carreira, decidiu continuar o resto sen calzado. Naquela carreira, Bikila pasou ao lado do Obelisco de Axum, que fora trasladado a Italia logo da guerra de Etiopía na década de 1930 (o monumento, sería definitivamente restituído a Etiopía o 18 de abril de 2005).

Catro anos despois Bikila presentouse, en peor forma física, nas Olimpíadas de 1964 en Toquio. Fora operado de apendicite seis semanas antes da carreira, e apenas tivo tempo para se preparar. Nesta ocasión correu calzado e venceu de novo. Bikila converteuse no primeiro atleta que vencía na maratón en dúas olimpíadas, e estabeleceu o mellor tempo mundial da distancia.

O 30 de xullo de 1967, durante unha maratón, Bikila sufriu unha grave lesión de peroné, da que foi tratado en Alemaña. Nos Xogos Olímpicos de 1968, celebrados na Cidade de México, Bikila resentiuse da lesión xa na saída, e aínda que correu uns 17 km, viuse obrigado a retirarse. Dita maratón, na que resultou vencedor o seu compatriota Mamo Wolde, foi a derradeira maratón da súa carreira.

No 1969, Bikila tivo un accidente automobilístico preto de Adís Abeba. Non se recuperou dos traumas sufridos e, poucos anos despois, faleceu, con tan só 41 anos de idade.

O estadio nacional de Addis Abeba está dedicado á súa memoria.

No filme de John Schlesinger, The Marathon Man, en varias escenas, Dustin Hoffman, o actor que fai o papel protagonista, observa un vídeo de Bikila correndo; tamén se pode ver a foto de Bikila colgada nunha parede do seu apartamento.