A Freixa, Ribadetea, Ponteareas
A Freixa | |
---|---|
Presa no río Tea. | |
Parroquia | Ribadetea |
Concello | Ponteareas |
Coordenadas | 42°11′21″N 8°31′04″O / 42.189044, -8.517694 |
Poboación | 133 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Freixa é un lugar da parroquia de Ribadetea, no concello pontevedrés de Ponteareas, na Comarca do Condado.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 133 habitantes (65 homes e 68 mulleres).
Descrición
[editar | editar a fonte]O lugar é de moito turismo. Proliferan as segundas vivendas. Hai praia fluvial formada por unha presa e mesmo hai un cámping de primeira categoría.[3]
Na Freixa, bañada polas augas do río Tea, houbo, a partir de 1895, unha turbina que xeraba corrente eléctrica para subministrar a Ponteareas.[4] Máis recentemente fíxose unha estación de control de peixes que ten, entre outras funcións, a da captura de salmóns reprodutores e o seguimento de reos e lampreas. O espazo participa no proxecto europeo Rede Natura 2000.[5]
Galería de Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Río Tea na Freixa.
-
Estación de control de peixes.
-
Ruínas da central hidroeléctrica.
-
Monumento en lembranza dos iniciadores da electricidade en Ponteareas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ribadetea
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ribadetea no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
O Aceido | Antela | A Bagañeira | O Barbeito | A Barca | A Barronca | A Barxela | Bernardos | O Cabaleiro | O Canal | Carreira | A Carriza | Os Casás | Os Casquizos | Cillarga | Covas | O Eido do Monte | O Eido Vello | Entreeidos | O Espadanal | O Figueiredo | A Freixa | A Groba | O Igrexario | Lomba do Cruceiro | Mourade | O Outeiro | O Pazo | A Pedra da Bouza | Peitieiras | As Penas | Pereira | O Portal de Dentro | O Porto | A Pousa | Preito | A Rabadeira | O Roupeiro | O Salgueiral | Santa Cruz | O Sobreiro | O Souto | A Tramila | A Videira | Vilares | A Viña Vella |
Parroquias de Ponteareas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Ribadetea, Ponteareas". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ TurGalicia.
- ↑ Cronoloxía da luz eléctrica en Ponteareas na páxina da Central Eléctrica Sestelo (en castelán).
- ↑ De fábrica da luz a aula da natureza, artigo no Faro de Vigo (en castelán).