Saltar ao contido

Boeing 737 Next Generation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «737 Next Generation»)
Boeing 737 Next Generation
737-600/-700/-800/-900
Tipoavión de pasaxeiros de fuselaxe estreita
FabricanteBoeing
Primeiro voo9 de febreiro de 1997
Introducido17 de decembro de 1997 con Southwest Airlines
Estadoen servizo
Principais usuariosSouthwest Airlines
Ryanair
United Airlines
American Airlines
Produción1996 - presente
Unidades construídas7 088 (xaneiro de 2022)[1]

Boeing 737 Next Generation, comunmente abreviado como 737NG,[2] é o nome dado ás series -600/-700/-800/-900 do Boeing 737. É a terceira xeración derivada do 737 e segue á serie 737 Classic (-300/-400/-500) que se comezou a producir nos anos 80. Son reactores de pasaxeiros de alcance curto a medio con fuselaxe estreita. Producido dende 1996 por Boeing Commercial Airplanes, a serie 737NG ten catro variantes e pode levar entre 110 e 210 pasaxeiros.

En xaneiro de 2022 pedíranse un total de 7 124 Boeing 737NG, dos cales 7 088 xa foran entregados, quedando por entregar 1 -700 BBJ1, 2 -800, e 33 -800A.[1] A variante máis común foi o 737-800, con 5 205 avións pedidos (4 991 comerciais, 191 militares e 23 corporativos). Boeing deixou de fabricar os 737NG no ano 2019 e realizou as súas últimas entregas en xaneiro de 2020. O principal competidor do 737NG é a familia A320 de Airbus. O modelo mellorado e remotorizado 737 MAX substituirá á serie 737NG.

Variantes

[editar | editar a fonte]
737-600 de WestJet

O 737-600 é o substituto directo do 737-500 e compite co Airbus A318. O Boeing 737-600 non inclúe winglets como opción. WestJet ía ser o cliente de lanzamento do 737-600 con winglets, pero debido aos resultados no segundo trimestre de 2006 anunciou que non seguiría adiante con ese plan. O 737-600 foi lanzado por Scandinavian Airlines (SAS) en 1995, sendo o seu primeiro avión entregado o 18 de setembro de 1998. Fabricáronse un total de 69 unidades e o derradeiro exemplar entregouse en 2006 a WestJet.[1]

Dende o ano 2012 Boeing retirou o 737-600 da súa lista de prezos de avións.[3]

O 737-700 foi o primeiro da serie Next Generation cando o seu cliente de lanzamento Southwest Airlines realizou un pedido de 63 avións da versión en novembro de 1993. Esta variante está baseada no 737-300 e entrou en servizo en decembro de 1997.[4] Substitúe ao 737-300 na liña de Boeing e o seu competidor directo é o Airbus A319. Ten unha configuración típica de 137 pasaxeiros en dúas clases ou de 149 en clase única. O principal usuario do 737-700 é Southwest Airlines.

O 737-700C é unha versión convertible onde os asentos poden retirarse para levar carga. Ten unha gran porta no lado esquerdo da fuselaxe. A Armada dos Estados Unidos foi o cliente de lanzamento do 737-700C, dándolle a designación militar C-40 Clipper.

737-700ER

[editar | editar a fonte]

Boeing lanzou o 737-700ER (ER de extended range) o 31 de xaneiro de 2006.[5] All Nippon Airways foi o cliente de lanzamento, sendo o seu primeiro avión, dos cinco pedidos, entregado o 16 de febreiro de 2007. O 737-700ER é principalmente unha versión de pasaxeiros do BBJ1 e 737-700IGW. Combina a fuselaxe do 737-700 coas ás e o tren de aterraxe do 737-800. Ofrece un alcance de 10 200 km, con asentos para 126 pasaxeiros en dúas clases.[6] O 737-700ER compite co Airbus A319LR e ten o segundo maior alcance da familia 737 tras o BBJ2. O 737-700ER está inspirado polo the Boeing Business Jet e está deseñado para voos comerciais de longo alcance.

All Nippon Airways comezou a usalo no seu servizo diario entre Toquio e Bombai. Este servizo iniciouse en setembro de 2007 e usa Boeing 737-700ER equipados con configuracións de 38 (38 Club ANA) e 48 (24 Club ANA/24 Economy) asentos de catro por liña e un tanque de combustible extra.

Cara novembro de 2015 entregáranse 1 118 -700, 119 -700 BBJ, 19 -700C e 14 -700W.

737-800 de Air Europa

O 737-800 é unha versión alongada do 737-700, que substitúe ao 737-400. Tamén enche o oco deixado pola decisión de interromper a fabricación dos McDonnell Douglas MD-80 e MD-90 tras a fusión de Boeing con McDonnell Douglas. O -800 foi lanzado por Hapag-Lloyd Flug (no presente TUIfly) en 1994, entrando en servizo en 1998.[7] O 737-800 pode levar 162 pasaxeiros nunha configuración de 2 clases ou 189 en clase única e compite co Airbus A320. Para moitas aeroliñas estadounidense o 737-800 substituíron os vellos trimotores Boeing 727-200.

O 737-800 está tamén entre os modelos que substituíron a serie McDonnell Douglas MD-80; consome 3.200 litros de combustible por hora, un 80% do consumido por un MD-80 nun voo das mesmas características, incluso cando transporta máis pasaxeiros que este.[8] Segundo o Airline Monitor, unha publicación da industria, oun 737-800 queima 18,5 litros por asento cada hora.[9]

O 14 de agosto de 2008 American Airlines anunciou 26 pedidos para o 737-800 (20 eran opcións de contratos asinados anteriormente e 6 novos pedidos) así como entregas aceleradas. Ryanair está entre os operadores máis grandes do Boeing 737-800, cunha frota duns 300 aparellos que voan en rutas por toda Europa e o norte de África.[10] En novembro de 2015 entregáranse 4.120 -800, 67 -800A e 21 -800 BBJ2, quedando aínda 936 pedidos.

En 2011 United Airlines operou o primeiro voo comercial estadounidense impulsado por unha mestura de biofuel derivado de algas e combustible tradicional de avión utilizando un Boeing 737-800 dende Houston ata Chicago para reducir a súa pegada de carbono.[11]

737-800BCF

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2016 Boeing lanzou un programa de conversión de pasaxeiros a carga designado 737-800BCF (Boeing Converted Freighter). Boeing comezou o programa con pedidos para 55 conversións, agardando a primeira entrega a finais de 2017.[12] Finalmente o primeiro avión convertido entregouse a West Atlantic en abril de 2018.[13]

No Farnborough Airshow de 2018, GECAS anunciou un acordo por 20 pedidos en firme e 15 opcións polo 737-800BCF, aumentando o seu compromiso ata os 50 avións. Os pedidos e compromisos totais ascende a 80 avións para media ducia de clientes.

Entre as modificacións da célula do 737-800 inclúense a instalación dunha gran porta de carga, un sistema de manexo de carga, e aloxamento adicional para tripulantes ou pasaxeiros.[14] O avión está deseñado para voar a unha distancia de ata 3 695 km cun MTOW de 79 000 kg.[15]

737-900 de Alaska Airlines

Posteriormente Boeing introduciu o 737-900, a variante máis longa ata a data. Debido a que o −900 conserva a mesma configuración de evacuación que o -800, a capacidade de asentos está limitada a 189 nunha única clase, aínda que con dúas clases o seu número aumenta ata os 177. Alaska Airlines lanzou esta variante en 1997 e a súa primeira entrega foi o 15 de maio de 2001. O 737-900 tamén conserva o peso máximo na engalaxe e a capacidade de combustible do −800, perdendo alcance por carga útil. Estas deficiencias impediron que ata fai pouco puidese competir eficientemente contra o Airbus A321.

737-900ER

[editar | editar a fonte]

O 737-900ER (ER de extended range), que foi chamado 737-900X antes do seu lanzamento, é a variante máis nova e máis grande da liña Boeing 737 NG. Introducíuse para cumprir co alcance e capacidade de pasaxeiros do 757-200, que xa non se fabricaba, e para competir directamente co Airbus A321.

  1. 1,0 1,1 1,2 Boeing (ed.). "Pedidos e entregas do 737". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2020. Consultado o 13 de decembro de 2016. 
  2. Boeing (ed.). "737NG: The Next Generation for Japan and the world". Consultado o 13 de decembro de 2016. 
  3. Boeing (ed.). "Prezos dos avións de Boeing". Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  4. "First Boeing 737-700 Goes to Southwest Airlines". MediaRoom. Consultado o 2022-02-21. 
  5. Boeing (ed.). "Boeing Launches Longest-Range 737 with ANA". Archived from the original on 14 de outubro de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2016. 
  6. "Boeing Delivers First 737-700ER to Launch Customer ANA". MediaRoom. Consultado o 2022-02-21. 
  7. "First Boeing Next-Generation 737-800 Goes To Hapag-Lloyd". MediaRoom. Consultado o 2022-02-21. 
  8. Seattlepi (ed.). "Aerospace Notebook: MD-80 era winding down as fuel costs rise". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  9. Orlando Business Journal (ed.). "Mindful of rivals, Boeing keeps tinkering with its 737". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  10. Ryanair (ed.). "Frota de Ryanair". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  11. CNN (ed.). "Commercial airlines industry mixed on imminent emission regulations". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  12. FlightGlobal (ed.). "Boeing launches 737-800BCF programme". Consultado o 15 de decembro de 2016. 
  13. Sarsfield, Kate. "Boeing delivers first 737-800BCF to West Atlantic". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-22. 
  14. "GECAS, Boeing Announce Agreement for 35x 737-800 Boeing Converted Freighters". web.archive.org. 2018-07-25. Archived from the original on 25 de xullo de 2018. Consultado o 2022-02-22. 
  15. "737-800BCF Boeing Converted Freighter" (PDF). Boeing. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.