588º Rexemento de Bombardeo Nocturno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
588º Rexemento de Bombardeo Nocturno (1941-1943)
46º Rexemento de Bombardeo Nocturno da Garda «Taman» (1943-1945)
588-й ночной легкобомбардировочный авиационный полк
Activa1942-1945
Disolta1945
PaísUnión Soviética Unión Soviética
RamaFlag of the Soviet Air Force.svg Forza Aérea Soviética
TipoBranch insignia of Soviet Air Force.svg Aviación
PapelBombardeo
TamañoRexemento
Cuartel xeralBase aérea de Engels
Alcume(s)"Bruxas da Noite"
EnfrontamentosSegunda Guerra Mundial:
CondecoraciónsDesignación de garda
Orde da Bandeira Vermella
Orde de Suvorov
Horas de voo28 676
Comandantes
Comandante de RexementoEvdokiia Bershánskaia
Subcomandante de RexementoSerafima Amosova
ComisariaEvdokiia Rachkevich
Aeronaves utilizadas
BombardeirosPolikarpov Po-2

O 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno (en ruso: 588-й ночной легкобомбардировочный авиационный полк), coñecido polas tropas alemás como as "Bruxas da Noite" (en alemán: Nachthexen, en ruso: Ночные ведьмы), foi unha unidade de bombardeo aéreo da Unión Soviética que estivo activa dende 1942 ata o final da Segunda Guerra Mundial, e estaba formada exclusivamente por mulleres aviadoras. O 8 de febreiro de 1943 recibiu o rango de Garda e foi rebautizado como 46º Rexemento de Bombardeo Nocturno da Garda (en ruso: 46-й гвардейский ночной бомбардировочный авиопачный авиопаный авиопачный авиопачный авиопочный). Pouco máis tarde recibiu o nome honorífico de "Taman" pola súa destacada actuación durante os duros combates aéreos na península de Taman en 1943.

Aínda que as mulleres foron inicialmente excluídas do combate, grazas ao traballo e á presión exercida pola coronel Marina Raskova, o 8 de outubro de 1941 ditouse unha orde para despregar tres unidades aéreas femininas, entre elas o 588º Rexemento. Creado pola mencionada coronel Raskova e liderada pola maior Evdokiia Bershánskaia, estaba composta integramente por mulleres voluntarias próximas aos vinte anos de idade.

Historia[editar | editar a fonte]

Tralo comezo da invasión da Unión Soviética por parte da Alemaña nazi e os seus aliados, a condecorada piloto e Heroína da Unión Soviética, Marina Raskova, impulsou unha campaña para incorporar ás mulleres á Forza Aérea Soviética.[1] Os seus esforzos tiveron recompensa, e o 8 de outubro de 1941, a orde número 0099 especificaba a creación de tres rexementos aéreos integrados por mulleres.[2] Todo o persoal, desde técnicos ata pilotos, estaría integrado por mulleres. Esta unidade militar foi nomeada temporalmente 122º Corpo de Aviación, mentres recibía adestramento na cidade de Engels, no Óblast de Saratov.[1] Despois de completar o seu adestramento, os tres rexementos recibiron as seguintes designaciónsː

  • 586º Rexemento de Combate Aéreo (586 IAP/PVO).
  • 587º Rexemento Aéreo de Bombardeiros (587 BAP), (máis tarde renomeado como 125º Rexemento Aéreo de Bombardeo da Garda)
  • 588º Rexemento de Bombardeo Nocturno, (máis tarde rebautizado como 46º Rexemento Taman de Bombardeo Nocturno da Garda)

O adestramento realizouse de xeito intenso, con entre 12 e 14 horas diarias de voo e clases teóricas, para acurtar a uns seis meses unha instrución que en condicións normais duraría dous anos. O 8 de xuño de 1942 o rexemento voou na súa primeira misión oficial de bombardeo, atacando con éxito os cuarteis dunha división alemá.[1]

Participaron en intensos combates na rexión de Kuban, enfrontándose a un dos mellores grupos de aviadores da Luftwaffe, o JG 54, que contaba nas súas filas con algúns dos mellores ases da historia da aviación, entre eles Erich Hartmann. A pesar das numerosas baixas, as Bruxas da Noite conseguiron resistir, e a diferenza dos rexementos 586º e 587º, onde a escaseza de pilotos mulleres fixo que as aviadoras caídas foran substituídas por homes, o 588º Rexemento continuou sendo exclusivamente feminino.[1]

As posteriores actuacións das aviadoras, entre elas os combates na península de Taman, valéronlle o ascenso ao rango de Garda, pasando a denominarse 46º Rexemento Taman de Bombardeo Nocturno da Garda. Participaron tamén entre outros escenarios na ofensiva de Crimea, na liberación de cidades como Minsk, Varsovia e Gdańsk ou os combates de Prusia Oriental.

Tácticas e equipamentos[editar | editar a fonte]

A estratexia empregada polo 588º Rexemento foi o acoso, levando a cabo bombardeos nocturnos nos campos onde descansaba o exército nazi e os seus arredores. O efecto psicolóxico que tivo no exército alemán e a inseguridade nas filas foi absolutamente efectivo. Estaba composto por 40 tripulacións, cada unha formada por dúas aviadoras, que chegaron a realizar en ocasións máis de 15 misións nunha noite.[3] Levaron a cabo máis de 23.000 voos de combate e lanzaron 3.000 toneladas de bombas. Foi a unidade feminina máis condecorada da Forza Aérea Soviética. Cada piloto puido ter voado en máis de 1.100 misións ata o final da guerra e vinte e tres das súas compoñentes conseguiron obter o título de Heroína da Unión Soviética. Trinta dos seus membros morreron durante o combate.[4]

O avión usado para levar a cabo as súas misións era un biplano Polikarpov Po-2, deseñado en 1928 e orixinalmente destinado a ser usado como avión de adestramento e fumigación. Ata a data, é o biplano do que se fabricaron máis unidades na historia da aviación. Só podían levar dúas bombas á vez, polo que era necesario realizar varias incursións durante a noite. Lentos e inadecuados para a tarefa, as pilotos demostraron unha excepcional capacidade para manexalos grazas á súa manobrabilidade.[5] Unha das súas principais vantaxes era que a velocidade máxima que podían alcanzar era inferior á velocidade mínima que debían manter os avións alemáns para evitar entrar en perda, como o Messerschmitt Bf 109 ou o Focke-Wulf Fw 190.[3] En consecuencia, os pilotos alemáns tiveron grandes dificultades para derrubalos.[6] Esta característica do biplano permitía voar co motor ao ralentí preto do seu obxectivo e planear antes de lanzar as bombas. Os soldados alemáns comparaban o son do motor co dun pau de vasoira surcando o ceo, polo que chamaron ás pilotos "Bruxas da noite".[7]

Outra das tácticas empregadas polas aviadoras do 588º Rexemento consistía en voar en grupos de tres avións, e mentres dous deles atraían as luces dos vixías alemáns, o terceiro voaba pola zona escura e atacaba o obxectivo.[8] Posteriormente repetían a operación cambiando as posicións ata lanzar toda a carga dos tres avións.[1] Estas aviadoras carecían de paracaídas, debido ao considerable peso das bombas e á baixa altitude á que voaban cos seus biplanos.[9]

Misións[editar | editar a fonte]

Un Po-2 abandonado en Ucraína, capturado despois polos alemáns en 1941. Este foi o tipo de avión no que o 588º Rexemento voou en preto de 24 000 misións.

Durante o transcurso da guerra, o rexemento realizou 23 672 saídas, distribuídas do seguinte xeito:

Os intervalos entre cada saída duraban entre 5 e 8 minutos, a miúdo pola noite. Cada tripulación facía entre seis e oito saídas ao día durante o verán e de dez a doce saídas durante o inverno.

A duración total dos voos realizados foi de 28 676 horas ou 1.191 días en total.

En total lanzaron 2 902 980 kg de bombas das que 26 000 eran bombas incendiarias. Segundo as estatísticas aproximadas do rexemento, foron destruídos e danados 17 pontes, trens, 2 estacións de ferrocarril, 46 depósitos, 12 tanques de combustible, 1 avión, 2 chalanas, 76 coches, 86 puntos de disparo e 11 proxectores. Ademais dos bombardeos, a unidade levou a cabo 155 misións para subministrar alimentos e municións ás forzas soviéticas.

Principais compoñentes[editar | editar a fonte]

Comandantes
Heroínas da Unión Soviética[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Night Witches - Russian Combat Pilots of World War Two". h2g2.com (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  2. "Marina Raskova and Soviet Female Pilots" (en inglés). 9 de decembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "The Night Witches: The True Story of an Incredible Group of Women" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  4. Noggle & White 2001, pp. 20-21.
  5. "Soviet Combat Veterans of World War II Symposium - Event to honor the courage and valor of Russia’s heroines". Museo aeroespacial de San Diego (en inglés). 21 de abril de 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2010. Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  6. "The incredible story of "the night witches"" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  7. "Nadezhda Popova, WWII ‘Night Witch,’ Dies at 91". The New York Times (en inglés). 14 de xullo de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  8. Duncan, Phyllis-Anne. "Russian Women Pilots" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2021. 
  9. Axell 2002, pp. 60-62.
  10. "Lista de pilotos do 46º Rexemento". samsv.narod.ru (en ruso). Consultado o 23 de agosto de 2021. 
  11. Vinogradova 2016, p. 98.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]