1º KHL All-Star Game
Tipo | tempada deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
Localización | Moscova (Rusia) 55°45′02″N 37°37′03″L / 55.7506, 37.6175 |
País | Rusia |
Data | 2009 |
O 1º KHL All-Star Game foi o partido das estrelas de tempada inaugural da Kontinental Hockey League (KHL). O partido tivo lugar na Praza Vermella de Moscova o día 10 de xaneiro de 2009 e o resultado final foi de 7 goles a 6 a favor do equipo internacional (Jágr).
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]Cada equipo estivo integrado por 9 dianteiros, 6 defensas, e 2 porteiros. Os equipos iniciais foron votados polos afeccionados no sitio web da KHL (KHL.ru) entre o 2 e o 22 dedecembro de 2008. Os xogadores reservas foron votados entre os medios de comunicación entre o 23 e o 26 de decembro de 2008, e foron anunciados, xunto cos xogadores titulares o día 8 de xaneiro de 2009.
Os dous capitáns foron nomeados entre dúas opcións, o capitán do equipo internacional foi Jaromír Jágr (Avangard Omsk), mentres que o capitán do equipo ruso foi Alexei Yashin (Lokomotiv Yaroslavl). Jágr elixiu como capitáns asistentes a Marcel Hossa (Dinamo Riga) e Jakub Klepiš (Avangard Omsk), mentres que os elixidos por Yashin foron Andrei Nikolishin (Traktor Chelyabinsk) e Alexei Kudashov (Lokomotiv Yaroslavl).
O formato do partido tamén foi votado polos seareiros no sitio web da KHL. Propuxéronse dúas opcións: a primeira, un partido entre os mellores xogadores rusos e os mellores estranxeiros da liga, e a segunda un partido entre os mellores xogadores dos clubs do leste fronte as do oeste. O 25 de novembro de 2008, a votación pechouse coa vitoria da primeira opción co 50,13 % dos votos (12.596 votos) fronte ao 49,87 % dos votos (12.531 votos) a favor do partido entre conferencias, na votación foron emitidos un total de 25.127 votos.
Xogadores
[editar | editar a fonte]*As bandeiras dos xogadores do equipo internacional indican o país de orixe mentres que as dos xogadores rusos indican o suxeito federal de orixe.
Partido
[editar | editar a fonte]O equipo Jágr impúxose por 7 a 6 fronte ao equipo Yashin. O gol da vitoria foi anotado no último minuto do terceiro período.
# | Marcador | Equipo | Goleador (Asistente(s)) | Minuto |
---|---|---|---|---|
Primeiro período | ||||
1 | 0-1 | Equipo Jágr | Hossa (Klepiš, Jágr) | 07'36 |
2 | 1-1 | Equipo Yashin | Mozyakin (Sushinsky, Proshkin) | 11'03 |
3 | 1-2 | Equipo Jágr | Clymer (Klepiš, Jágr) | 11'31 |
4 | 1-3 | Equipo Jágr | Kudrna (Marek, Pirnes) | 14'28 |
Segundo período | ||||
5 | 2-3 | Equipo Yashin | Kulyash (Yashin) | 28'25 |
6 | 2-4 | Equipo Jágr | Hossa (Pirnes) | 35'15 |
7 | 3-4 | Equipo Yashin | Mozyakin | 38'15 |
8 | 4-4 | Equipo Yashin | Saprykin | 39'58 |
Terceiro período | ||||
9 | 5-4 | Equipo Yashin | Saprykin (Radoulov) | 48'05 |
10 | 5-5 | Equipo Jágr | Marek | 49'35 |
11 | 6-5 | Equipo Yashin | Radoulov | 55'31 |
12 | 6-6 | Equipo Jágr | Brendl | 57'13 |
13 | 6-7 | Equipo Jágr | Hossa | 59'01 |
Concursos
[editar | editar a fonte]- Patinador máis rápido.
- Shootouts.
- Tiro máis afastado.
- Relevo por equipos de slálom.
- Competición de porteiros.
- Tiro máis preciso.
- Relevo por equipos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Denis Kulyash substituíu a Darius Kasparaitis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en ruso) (en inglés) (en eslovaco)