Doce homes sen piedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Doce homes sen piedade
Ficha técnica
Título orixinal12 Angry Men
DirectorSidney Lumet
Produtor
GuiónReginald Rose
Intérpretes
MúsicaKenyon Hopkins
FotografíaBoris Kaufman
MontaxeCarl Lerner
EstudioOrion-Nova Productions
DistribuidoraUnited Artists
EstreaFox Wilshire Theatre: 10 de abril de 1957[1][2]
Galicia 23 de decembro de 1995 (TVG)
Duración96 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento340 000 dólares[3][4]
Recadación2 000 000[5]

Doce homes sen piedade (en inglés: 12 Angry Men) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose,[6][7] é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando ós membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores.

En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[8] O filme foi escollido como o segundo mellor drama legal segundo o American Film Institute na súa lista AFI's 10 Top[9] e é o drama legal con maior valoración en Rotten Tomatoes' Top 100 Movies of All Time.[10]

Estreouse en galego o 23 de decembro de 1995 a través da TVG.[11]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Trailer do filme.
Membros do xurado:
Sen acreditar
  • Rudy Bond como o xuíz
  • Tom Gorman como o taquígrafo
  • James Kelly como o alguacil
  • Billy Nelson como o secretario da corte
  • John Savoca como o acusado
  • Walter Stocker como o Home agardando polo ascensor

Premios[editar | editar a fonte]

Tivo tres candidaturas aos Óscar nas categorías de mellor director, mellor filme e guión adaptado na cerimonia de 1958, onde A ponte sobre o río Kwai levou devanditos premios.[12]

  • Premio Oso de Ouro e Premio OCIC 1957 (Sidney Lumet).[13]
  • Premio BAFTA 1958 ao mellor actor estranxeiro (Henry Fonda).[14]
  • Premio WGA 1958 ao Drama estadounidense mellor escrito (Reginald Rose).
  • Premio Mención especial 1957 Festival Internacional de Cine de Locarno (Sidney Lumet).
  • Premio Kinema Junpo 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Edgar Allan Poe 1958 á Mellor película (Reginald Rose).
  • Premio Nastro d'Argento 1958 ao Mellor director de película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Blue Ribbon 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet).
  • Premio Bodil 1960 á Mellor película estadounidense e ao Mellor director (Sidney Lumet).
  • Premio Jussi 1958 ao Mellor actor estranxeiro (Henry Fonda).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A película é recoñecida polo American Filme Institute nestas listas:

  • 2001: AFI's 100 anos... 100 películas de suspense – #88[15]
  • 2003: AFI's 100 anos... 100 heroes e viláns:[16]
    • Xurado N. 8 – Heroe #28
  • 2006: AFI's 100 anos... 100 inspiracións – #42[17]
  • 2006: AFI's 100 anos... 100 películas (edición 10.º aniversario) – #87[18]
  • 2006: AFI's 10 Top 10 "Películas xurídicas" – #22[19]

Comentarios[editar | editar a fonte]

O autor baséase nunhas testemuñas durante un proceso de deliberación, convocados a fin de tomar unha sabia decisión sobre o caso. Un punto importante que hai que subliñar é a dificultade que mostran para poder deliberar correctamente, debido as distintas limitacións e prexuízos, algúns psicolóxicos, outros educativos, outros de orde lóxica, etc. O xulgar en Dereito está suposto a ser lóxico, pero ten que ser argumentado para ser veraz nos feitos. Neste caso, o xurado identificado có número 8 pon todo en dúbida e logra entre os demais xurados escépticos dubidar sobre a inocencia do novo.

Ao xulgar a alguén ten que presumirse a súa inocencia. Toda dedución debe ser comprobada como veraz para evitar que un inocentes sexa condenado ou un culpable exonerado da súa culpa.

Algo notable que ocorre é por que estes doce homes están tan "enfadados" (Twelve Angry Men). A resposta radica en que están angustiados. A angustia é a reacción xeral fronte á agresión psicolóxica. En xeral, consideramos que todo aquel que argumenta en contra da nosa opinión está a agredirnos. A película leva a reflexionar se a toma de decisións é un proceso racional ou irracional. Cabe destacar que a actitude dun xurado ante a implicación en calquera caso debería ser os máis racional e obxectiva posibles. Na película isto vese reflectido en certas persoas, como no caso do xurado número 8. Como exemplos de abordaxes irracionais están o xurados número 3 e número 7.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "12 Angry Men – Details". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 9 de xullo de 2018. 
  2. "New Acting Trio Gains Prominence". Los Angeles Times. 9 de abril de 1957. p. 23. 
  3. Box Office Information for 12 Angry Men. The Numbers. Consultado o 14 de febreiro de 2012.
  4. Anita Ekberg Chosen for 'Mimi' Role Louella Parsons:. The Washington Post and Times Herald (1954–1959) [Washington, D.C] 8 de abril de 1957: A18.
  5. "Top Grosses of 1957", Variety, 8 de xaneiro de 1958: 30
  6. Variety film review; 27 de febreiro de 1957, p. 6.
  7. Harrison's Reports film review; 2 de marzo de 1957, páxina 35.
  8. National Film Registry (National Film Preservation Board, Library of Congress), ed. (12 de setembro de 2011). "National Film Registry". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  9. American Film Institute, ed. (17 de xuño de 2007). "AFI's 10 Top 10 Courtroom Drama". Consultado o 29 de novembro de 2014. 
  10. Rotten Tomatoes (ed.). "Top 100 Movies of All Time". Consultado o 29 de novembro de 2014. 
  11. La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1995. Páx. 83
  12. oscars.org. "The 30th Academy Awards (1958) Nominees and Winners". 
  13. "Prize & Honours 1957". 
  14. "Film in 1958". 
  15. "AFI's 100 Years... 100 Thrills". American Film Institute. 
  16. "AFI's 100 Years... 100 Heroes and Villains". American Film Institute. 
  17. "AFI's 100 Years...100 Cheers" (PDF). American Film Institute. 
  18. "AFI's 100 Years...100 Movies (10th Anniversary Edition)" (PDF). American Film Institute. 
  19. "AFI's 10 Top 10 Courtroom Drama". American Film Institute. 
  20. "Doce hombres sin piedad (12 angry men)". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Making Movies, por Sidney Lumet. (c) 1995, ISBN 978-0-679-75660-6
  • Ellsworth, Phoebe C. (2003). "One Inspiring Jury [Review of 'Twelve Angry Men']". Michigan Law Review 101 (6): 1387–1407. JSTOR 3595316. 
  • The New York Times, April 15, 1957, "12 Angry Men", review by A. H. Weiler
  • Readings on Twelve Angry Men, by Russ Munyan, Greenhaven Press, 2000, ISBN 978-0-7377-0313-9
  • Chandler, David. "The Transmission model of communication" Communication as Perspective Theory. Sage publications. Ohio University, 2005.
  • Lanham, Richard. Introduction: The Domain of Style analyzing prose. (New York, NY: Continuum, 2003)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]