007: Goldeneye
| 007: Goldeneye | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
007: Goldeneye (en inglés: GoldenEye) é o décimo sétimo filme de espías baseado na personaxe de James Bond. Producido por Eon Productions, é o primeiro filme da franquía protagonizado por Pierce Brosnan. Foi dirixido por Martin Campbell e é o primeiro filme cuxa historia non toma elementos da obra de Ian Fleming.[1] A historia foi concibida e escrita por Michael France, coa colaboración posterior doutros guionistas. No filme, Bond loita para evitar que un exaxente do MI6 empregue un satélite contra Londres para provocar unha crise financeira global.
GoldenEye foi estreado en 1995, após seis anos de hiato na serie por mor de disputas legais, durante as cales Timothy Dalton renunciou ó papel de James Bond e foi substituído por Pierce Brosnan. M tamén foi substituído, e a actriz Judi Dench converteuse na primeira muller en interpretar esta personaxe, substituíndo a Robert Brown. GoldenEye foi o primeiro filme de Bond realizado despois da disolución da Unión Soviética e o remate da guerra fría, que proporcionou un bo argumento para o filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Estando de vacacións, o axente 007 coñece a unha atractiva e letal asasina chamada Xenia Onatopp, que intenta conseguir os planos dun novo helicóptero militar que é invulnerábel ás interferencias. Unha programadora militar rusa chamada Natalya Simonova é a única persoa supervivente do seu equipo após un macabro plan do xeneral Arkady Grigorovich Ourumov para conseguir o satélite Goldeneye, unha arma espacial ultrasecreta capaz de emitir pulsos nucleares que poden inutilizar calquera equipo electrónico. O axente James Bond formará equipo con Natalya para descubrir aos delincuentes que cometeron o roubo e impedir que usen o Goldeneye contra Londres para causar un colapso financeiro mundial.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Pierce Brosnan como James Bond (007)
- Sean Bean como Alec Trevelyan (006) / Janus
- Izabella Scorupco como Natalya Simonova
- Famke Janssen como Xenia Onatopp
- Joe Don Baker como Jack Wade
- Judi Dench como M
- Gottfried John como Xeneral Arkady Grigorovich Ourumov
- Robbie Coltrane como Valentin Dmitrovich Zukovsky
- Alan Cumming como Boris Grishenko
- Tchéky Karyo como Dmitri Mishkin
- Desmond Llewelyn como Q
- Samantha Bond como Miss Moneypenny
- Michael Kitchen como Bill Tanner
- Minnie Driver como Irina
- Serena Gordon como Caroline
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC News, ed. (10 de novembro de 2002). "The James Bond Films – 1994–2002". Consultado o 22 de outubro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 007: Goldeneye |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 007: Goldeneye na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 1995
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Martin Campbell
- Filmes sobre informática
- Filmes sobre vinganza
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes sobre armas e guerras nucleares
- Filmes ambientados na Unión Soviética
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes rodados en Francia
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados en Mónaco
- Filmes rodados en Porto Rico
- Filmes rodados en Rusia
- Filmes rodados en San Petersburgo
- Filmes rodados en Suíza
- Filmes ambientados en Siberia
- Filmes ambientados en San Petersburgo
- Filmes ambientados en Rusia
- Filmes ambientados en Cuba
- Filmes ambientados en Mónaco
- Filmes ambientados en 1986
- Filmes ambientados en 1995
- Filmes de James Bond
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes de United Artists
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 1995 con versión en galego