007: Licencia para matar
| 007: Licencia para matar | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
007: Licencia para matar (en inglés: Licence to Kill) é o décimo sexto filme de espías da franquía James Bond. Foi producido por Eon Productions, e foi o segundo e derradeiro filme protagonizado por Timothy Dalton no papel do axente 007. Foi o primeiro que non empregou o título dunha historia de Ian Fleming. Tamén foi o quinto e derradeiro filme da serie dirixido por John Glen. A historia ten elementos de dúas historias e unha novela de Ian Fleming, así como trazos dos contos xaponeses sobre os rōnin. Orixinalmente titulado Licence Revoked na liña do argumento, o nome foi modificado durante a posprodución xa que os tests coa audiencia asociaban o termo coa condución.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Neste filme, James Bond é suspendido como axente do MI6 e investiga ó narcotraficante Franz Sánchez, que ordenou un ataque contra o seu amigo da CIA Felix Leiter e a violación e asasinato da súa muller durante a súa lúa de mel.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Timothy Dalton como James Bond
- Carey Lowell como Pam Bouvier
- Robert Davi como Franz Sánchez
- Talisa Soto como Lupe Lamora
- Anthony Zerbe como Milton Krest
- Frank McRae como Sharkey
- Everett McGill como Ed Killifer
- Wayne Newton como Profesor Joe Butcher
- Benicio del Toro como Darío
- Anthony Starke como Truman-Lodge
- Pedro Armendáriz Jr. como Presidente Héctor López
- Desmond Llewelyn como Q
- David Hedison como Felix Leiter
- Priscilla Barnes como Della Churchill
- Robert Brown como M
- Caroline Bliss como Miss Moneypenny
- Don Stroud como Coronel Heller
- Grand L. Bush como Hawkins
- Cary-Hiroyuki Tagawa como Kwang
- Christopher Neame como Fallon
- Diana Lee Hsu como Loti
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 007: Licencia para matar na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)