Judi Dench
Judith Olivia Dench, nada en York, North Yorkshire, o 9 de decembro de 1934, é unha actriz inglesa de teatro, cinema e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en York, filla dun médico, foi criada en Dublín, onde nacera a súa nai. Os seus pais tiñan contacto co mundo do teatro.
Debutou profesionalmente en Liverpool en 1957, facendo o papel de Ofelia en Hamlet. Desde entón interpretou numerosas obras de William Shakespeare e fixo xiras polo Reino Unido e Norteamérica. En 1968 protagonizou o musical Cabaret.
Moi popular no seu país polas súas interpretacións en teatro e televisión, o seu éxito internacional chegou en 1997 co telefilme Mrs. Brown, estreado en cinema nos Estados Unidos e que supuxo a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz. O ano seguinte gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación de Isabel I de Inglaterra en Shakespeare in Love.
Desde 1995 até 2012 interpretou a M na saga de James Bond.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1985 | Unha habitación con vistas |
| 1987 | A carta final |
| 1989 | Henry V |
| 1995 | 007: Goldeneye |
| 1996 | Hamlet |
| 1997 | Mrs. Brown |
| 1997 | 007: O mañá nunca morre |
| 1998 | Shakespeare in Love |
| 1999 | Tea with Mussolini |
| 1999 | The World Is Not Enough |
| 2000 | Chocolat |
| 2001 | Iris |
| 2001 | The Shipping News |
| 2002 | Die Another Day |
| 2004 | The Chronicles of Riddick |
| 2004 | Ladies in Lavender |
| 2005 | Pride & Prejudice |
| 2005 | Mrs Henderson Presents |
| 2006 | Casino Royale |
| 2006 | Notes on a Scandal |
| 2008 | Quantum of Solace |
| 2009 | Nine |
| 2011 | Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides |
| 2011 | My Week with Marilyn |
| 2011 | J. Edgar |
| 2012 | The Best Exotic Marigold Hotel |
| 2012 | Skyfall |
| 2013 | Philomena |
| 2014 | The Second Best Exotic Marigold Hotel |
| 2015 | Spectre |
| 2016 | Miss Peregrine's Home for Peculiar Children |
| 2017 | Tulip Fever |
| 2017 | Asasinato no Orient Express |
| 2017 | Victoria & Abdul |
| 2018 | Red Joan |
| 2018 | All Is True |
| 2018 | Nothing Like a Dame |
| 2019 | Cats |
| 2020 | Artemis Fowl |
| 2020 | Six Minutes to Midnight |
| 2020 | Blithe Spirit |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Judi Dench |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Judi Dench na IMDb (en inglés).