Saltar ao contido

Ian Fleming

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIan Fleming

(1958) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1908 Editar o valor en Wikidata
Mayfair Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1964 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Canterbury Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSevenhampton (en) Traducir
Ian Fleming's grave (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Military College, Sandhurst (en) Traducir (–1927)
Eton College
Universidade de Xenebra
Universidade de Múnic
Durnford School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, guionista, prosista, novelista, escritor, mariñeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 1963 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOffice of Strategic Services Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFicción detectivesca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoSegunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnn Fleming (1952–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMonique Panchaud de Bottens Editar o valor en Wikidata
FillosCaspar Robert Fleming
 () Ann Fleming Editar o valor en Wikidata
PaisValentine Fleming Editar o valor en Wikidata  e Evelyn St. Croix Fleming Editar o valor en Wikidata
IrmánsPeter Fleming
Amaryllis Fleming
Michael Valentine Paul Fleming Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webianfleming.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001220 Allocine: 36107 Allmovie: p309478 IBDB: 506269
Facebook: ianflemingbooks Twitter: theianfleming Instagram: ianflemings007 Enciclopedia Galega Universal: 201833 BNE: XX869623 Musicbrainz: 2eca2fe2-42d9-47d5-bd3a-a992fdbea4d9 Songkick: 423834 Discogs: 4402606 WikiTree: Fleming-2508 Find a Grave: 6997 Tebeosfera: fleming_ian_lancaster Editar o valor en Wikidata

Ian Lancaster Fleming, nado o 28 de maio de 1908 en Mayfair e finado o 12 de agosto de 1964 en Canterbury, foi un escritor e periodista inglés creador do personaxe de James Bond e dunha serie de doce novelas de aventuras sobre este personaxe así coma de nove relatos curtos. Con máis de 100 millóns de copias vendidas mundialmente, as novelas da serie de James Bond están na lista de best-séllers. Ademais Ian Fleming escribiu a historia infantil de Chitty Chitty Bang Bang e dous libros de non-ficción.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ian Fleming, fillo de Valentine Fleming e de Evelyn St. Croix Fleming naceu en Mayfair e realizou os seus estudos no Eton College e mais na Real Academia Militar de Sandhurst. Máis tarde adicouse a ensinar inglés en Kitzbühel (Austria) e despois en Múnic (Alemaña). Traballou como periodista para Reuters1 e tamén como axente de bolsa.

No ano 1939, pouco antes de comezar a segunda guerra mundial, John Godfrey, director do British Department of Naval Intelligence da Royal Navy, recrutou a Fleming como asistente, despois como lugartenente e finalmente como comandante. Durante este período, Fleming concibiu un plan que nunca chegou a ser executado: a Operación Ruthless, para capturar a máquina codificadora Enigma, empregada nas comunicacións da Kriegsmarine. Fleming tamén ideou a Operación Goldeneye, un plan para manter as comunicacións con Xibraltar así coma un plan de defensa no improbable caso de que España se unise ás Potencias do Eixo, e xunto con Alemaña invadise a colonia.

Este traballo como asistente nos Servizos Secretos permitiu a Fleming meterse de cheo no ambiente que se respira nas súas novelas de espías. A primeira novela que puxo en escena a James Bond foi Casino Royale, publicada en 1953. Ademais de escribir doce novelas e nove relatos curtos do axente 007, Fleming tamén escribiu novelas para nenos. Todos estes libros tiveron un grande éxito nos anos 50 e permitíronlle retirarse a unha casa en Xamaica.

En 1962, Fleming suxeriu o seu curmán Christopher Lee, que interpretase o papel do Dr. No, o vilán do primeiro filme e ironicamente poucos días antes da súa morte visitou o set de gravación de Goldfinger.

No ano 1964, Ian Fleming finou dunha crise cardíaca en Canterbury a idade de 56 anos. Foi soterrado en Sevenhampton, preto de Swidon, onde tamén foron soterrados a súa dona e mais seu fillo.

Fleming foi tamén un importante bibliófilo e posuidor dunha respectable cultura. O seu personaxe, James Bond, acostuma ler nos momentos de tranquilidade, e un dos seus libros favoritos é Profiles in Courage, un ensaio moral e ético sobre cinco políticos da historia dos Estados Unidos, obra do senador John F. Kennedy. Curiosamente, cando John F. Kennedy foi elixido presidente, nunha entrevista preguntáronlle polos seus libros favoritos e sen dubidalo respondeu: As novelas de espías de Ian Fleming.

Predecesor:
-
 Escritor de James Bond 
1953–1966
Sucesor:
Kingsley Amis

James Bond

[editar | editar a fonte]
Nr Nome orixinal[1] Ano Tradución galega[2]
1.Casino Royale1953Casino Royale
2.Live and Let Die1954Vive e Deixa Morrer
3.Moonraker1955Moonraker
4.Diamonds Are Forever1956Diamantes para a eternidade
5.From Russia, with Love1957Desde Rusia, con Amor
6.Dr. No1958Dr. No
7.Goldfinger1959Goldfinger
8.For Your Eyes Only1960Só para os teus ollos
9.Thunderball1961Operación trono
10.The Spy Who Loved Me1962O espía que me amou
11.On Her Majesty's Secret Service1963Ao Servizo Secreto da súa Maxestade
12.You Only Live Twice1964Só se vive dúas veces
13.The Man with the Golden Gun1965O home da pistola de ouro
14.Octopussy1966Octopussy

Literatura infantil

[editar | editar a fonte]
  • Chitty Chitty Bang Bang (1964)

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  • The Diamond Smugglers (1957)
  • Thrilling Cities (1963; a edición americana contén a novela curta "007 en Nova Iork")
  1. http://www.ianflemingcentre.com Arquivado 13 de xuño de 2017 en Wayback Machine. Ian Fleming Publications Inc.
  2. Trátase de posibles traducións, pois o certo é que na actualidade (2010) ningunha das súas obras está verquida a galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]