Álvaro de Bazán (F-101)
| Álvaro de Bazán | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Álvaro de Bazán (F-101) é unha fragata da Armada Española, primeira da serie F-100 á que dá nome. A Armada Española ten cinco fragatas da serie F-100 operativas, cada unha cun custo dus 600 millóns de euros. O deseño está baseado no destrutor norteamericano da Clase Arleigh Burke deseño de Bath Iron Works e o Sistema de combate Aegis. Navantia fabricou en Ferrol cinco fragatas baseadas no deseño das F-100 para a Mariña norueguesa, Clase Fridtjof Nansen. Outros tres destrutores deseñados co asesoramento de Navantia estanse a construír en Australia, Clase Hobart.
A seguinte xeración de buques denominada Clase F-110 está a ser definida pola Armada Española para o ano 2022[1].
Historia
[editar | editar a fonte]
En 1983 a Armada Española e Bazán iniciaron un programa para a modernización naval chamado NFR-90 (Nato Frigate Replacement). Sería un proxecto da OTAN conxunto entre España, Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Países Baixos e Gran Bretaña. O obxectivo era crear unha fragata común. Un deseño que compartiría elementos para reducir os custos de deseño e produción. As diferentes prioridades e necesidades de cada país fixeron que en 1989 o proxecto se abandonase. En 1990 decidiuse continuar co proxecto pero redefinindo as prioridades. O que ía ser un buque antisubmarino de características similares ás fragatas existentes pasou a un buque máis centrado na guerra aérea. En 1992 iniciáronse contactos coas mariñas de Alemaña e Holanda para desenvolver unha fragata, compartindo o deseño en intereses comúns. En 1993 concretouse esta colaboración. En 1995 a Armada Española elixe o Sistema de combate Aegis de Lockheed Martin como base operativa do buque co radar AN/SPY-1D empregado na serie DDG-51 "Arleigh Burke" da Armada dos Estados Unidos de América empregado por Bath Iron Works. Esta elección condicionou todo o deseño do buque. Así os destrutores americanos desplazaban 8 500 toneladas mentres que o deseño das F-100 tería 5 800 toneladas de desplazamento[2].
Deseño
[editar | editar a fonte]

Sistemas
[editar | editar a fonte]Estrutura
[editar | editar a fonte]O casco do buque foi desenvolvido pola oficina técnica de Bazán en colaboración coa Armada Española empregando tecnoloxía e programas de seu[3].
| Sistema | País | Fabricante | Notas |
|---|---|---|---|
| Formas do casco | Navantia | Modificado a partir dunha licenza de Bath Iron Works do deseño da Clase Arleigh Burke. | |
Sensores
[editar | editar a fonte]| Sistema | País | Fabricante | Notas |
| Sistema de combate | Navantia Lochkeed Martin | SCOMBA F-105 Sistema AEGIS estadounidense F-101 a F-104 | |
| Sistema de navegación | Diana Thales Group | DIANA na F-105 Modelo AN/SPS-73 F-101 a F-104 | |
| Sistema MOS (MIDS On Ship) de comunicacións, navegación e identificación de distribución de datos | Indra Sistemas | ||
| Consolas multifunción CONAM | Sainsel | modelo DLT-309 | |
| Sistema de Vixilancia Optrónica | Tecnobit | ||
| Radar principal | Lockheed Martin | modelo SPY-1D. A F-105 incorpora a versión SPY-1D (V)[4] | |
| Radar navegación | Indra Sistemas e Lockeed Martin | modelo AN/SSPS-73[5] de Lockheed Martin F-101 a F-104, e ARIES NAV na F-105 | |
| Radar de superficie | Indra Sistemas e Raytheon | modelo SPS-67(V) F-101 a F-104, ARIES CS na F-105 | |
| Radar secundario | Indra Sistemas | modelo ARIES modelo CIT-25DF | |
| Radar do sistema de control de tiro | Raytheon | modelo AN/SPG-62 FCR (Fire Control Radar) para mísiles antiaréreos SM-2MR Bloque IIIA (RIM-66M-2) e RIM-162 ESSM, modelos no futuro (RIM-161 Standard Missile 3 SM-3 e RIM-174 Standard ERA SM-6), dúas unidades [5][6][7] | |
| Radar do sistema de control de tiro DORNA | Navantia | modelo RTN-30 para canón fabricado por FABA Sistemas | |
| Radar ESM/ECM | Indra Sistemas | modelo Rigel | |
| Sonar de casco | Indra Sistemas | modelo LWHP53SN,[8] desenvolvido a partir dunha licenza de Lockheed Martin. Modelo DE 1160LF fabricado en España por ENOSA baixo licenza de Raytheon na primeira versión. | |
| Identificador amigo-inimigo, IFF | Indra Sistemas | incluídos modos 5 e modo S | |
| Sistema de comunicacións integradas ICCS-5 | EID [9] | ||
| Sistemas de enlaces de datos Link-11 e Link-22 | Tecnobit | ||
| WECDIS (Warship Electronic Chart Display and Information System) | Sainsel | ||
| Sistema de detección láser e de contramedidas | Indra Sistemas | ESM/ECM: Indra SLQ-380 Aldebarán interceptador / perturbador e CESELSA Regulus Mk 9500 intercept | |
| Lanzabengalas | BAE Systems | catro lanzadores modelo FMC SRBOC Mk36 | |
| Reclamo remolcado para torpedos | Lockheed Martin | modelo SLQ-25A Enhaced Nixie | |
Electrónica
[editar | editar a fonte]Nos buques producen electricidade de 400 voltios trifásicos, 230 voltios monofásicos e 120 voltios para algúns equipamentos norteamericanos. Tódolos sistemas están sobredimensionados e permiten manter o funcionamento en caso de avaría ou fallo.
| Sistema | País | Fabricante | Notas |
|---|---|---|---|
| Comunicacións | Rohde & Schwarz | Equipamento fabricado en España. | |
| Automatización | Siemens AG | PLC de diversos modelos. | |
| Equipamento | Merlin Gerin | Cadros eléctricos deseñados e fabricados en España. | |
| Cablaxe | AWG | Segundo especificacións norteamericanas. |
Armamento
[editar | editar a fonte]| Sistema | País | Fabricante | Notas |
|---|---|---|---|
| Canón | FABA Sistemas | modelo Mk.45 Mod.2 de 127 mm orixinariamente estaba previsto incorporar a versión de BAE Systems ata que se obtivo a licenza de OTO Melara[10] | |
| Sistema de lanzamento vertical | Indra Sistemas | desenvolvido a partir dunha licenza estadounidense do modelo Mk.41 de 48 celas | |
| Mísiles antibuque RGM-84 Sub-Harpoon block II | Boeing Integrated Defense Systems | dúas montaxes cuádruplas | |
| Torpedos | Alliant Techsystems | 2 montaxes lanzatorpedos Mk.32 Mod.9 de 324 mm con 12 torpedos Mk.46 Mod.5 | |
| Mísiles superficie-aire | Raytheon Systems | 48 unidades do modelo Standard SM-2MR Bloque IIIA/RIM-66L | |
| Mísiles superficie-aire | Raytheon Systems | 192 unidades do modelo RIM-162 Evolved Sea Sparrow | |
| Metralladoras | Browning Arms | 4 unidades do modelo Browning M2 de 12,7 mm | |
| Canóns de 20 mm | Oerlikon | 2 unidades por fragata da F-101 á F-104 | |
| Canóns de 25 mm | BAE Systems | 2 unidades na fragata F-105 | |
Propulsión
[editar | editar a fonte]| Sistema | País | Fabricante | Notas |
|---|---|---|---|
| Turbinas | General Electric | 2 turbinas de gas modelo General Electric LM2500 | |
| Motores | Navantia | 2 motores diésel modelo Bazán Bravo-Caterpillar 3600 | |
| Grupos electróxenos | Navantia | modelo 12V396TE54 fabricados baixo licenza de MTU[11][12] | |
| Hélices | NAVALIPS | Wärtsilä Propulsión Spain, S.A.[13][14] | |
| Engrenaxe redutora | Royal Schelde | Damen Shipyards Group | |
| Cadros eléctricos de distribución | Isolux | Isolux A Coruña | |
Frota F-100
[editar | editar a fonte]| Código | Nome | Insignia | Data botadura | Data entrada en servizo | Indicativo de chamada | Imaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|
| F-101 | Álvaro de Bazán | 27 de outubro de 2000 | 19 de setembro de 2002 | |||
| F-102 | Almirante Juan de Borbón | 28 de febreiro de 2002 | 3 de decembro de 2003 | |||
| F-103 | Blas de Lezo | 16 de maio de 2003 | 16 de decembro de 2004 | |||
| F-104 | Méndez Núñez | 12 de novembro de 2004 | 21 de marzo de 2006 | |||
| F-105 | Cristóbal Colón | 4 de novembro de 2010 | 23 de outubro de 2012 |
Internacional
[editar | editar a fonte]
Ao deseño da serie F-100 fixéronse variantes para ser vendidas a Noruega e Australia. Para a Mariña norueguesa Navantia fabricou cinco fragatas en Ferrol, designación F-300:
- KNM Fridtjof Nansen (F310)
- KNM Roald Amundsen (F311)
- KNM Otto Sverdrup (F312)
- KNM Helge Ingstad (F313)
- KNM Thor Heyerdahl (F314)
A Mariña australiana fabricou en Australia tres destrutores con asesoramento de Navantia segundo o deseño das F-100:
Honras
[editar | editar a fonte]
A fragata leva o nome en honra e recoñecemento do que fora almirante da Armada Española Álvaro de Bazán. Foi botada en Ferrol o 27 de outubro de 2000, sendo Madriña Casilda Silva Fernández de la Henestrona, Marquesa de Santa Cruz, descendente do Almirante Álvaro de Bazán[15].
Recibiu a súa Bandeira de Combate da Princesa de Asturias o 19 de setembro de 2003 en Motril (Granada), cidade natal de Álvaro de Bazán.
| Histórico de capitáns da F-101 | |
|---|---|
| Capitán | Datas |
| Juan Rodríguez Garat[16] | de setembro de 2001 ata 23 de marzo de 2004 |
| Pedro García de Paredes | |
| José Enrique Delgado Roig[17] | |
| Ignacio Paz García[18] | |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La futura fragata para la Armada Española avanza en su definición. defensa.com
- ↑ "Gregorio Bueno Murga. La Nueva Fragata Española F-100. - Revista de Marina (en PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de outubro de 2003. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 06 de outubro de 2003 en Wayback Machine.
- ↑ "Fragata Álvaro De Bazán: La Primera Fragata De La Armada Española Para El Siglo XXI". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Navantia prepara la F-105 Cristóbal Colón para la fase de pruebas de mar en Infodefensa.com (en castelán)
- 1 2 FRAGATAS CLASE "ÁLVARO DE BAZÁN" (en castelán)
- ↑ Ficha en Navantia (en PDF) Arquivado 08 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ AN/SPG-62 Fire Control Radar (en inglés)
- ↑ U.S. – Spain Defense Industry Day INDRA, A GLOBAL INNOVATION COMPANY Strategic Partnerships Between Indra - US Companies, 2015 (PDF en inglés)
- ↑ "EID Naval Communications". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 25 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ El ejército español dispondrá de municiones de artillería de alcance extendido infodefensa.com
- ↑ "título=La política naval de la casa de Borbón y el Arsenal de Cartagena www.adepa-patrimonio.org". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Navantia líneas de actividad". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 09 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ "Programa F-100, defensa.gob.es" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xullo de 2012. Consultado o 09 de setembro de 2015. Arquivado 09 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ [https://database.centredelas.org/industria-militar-en-espana/?lang=es Base de datos sobre Industria militar en España
- ↑ Fragata "Álvaro de Bazán" (F-101) Armada Española
- ↑ "El primer comandante de la F-101 dirigirá todas la fragatas del Arsenal lavozdegalicia.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2015.
- ↑ Las fragatas “Álvaro de Bazán” y “Méndez Núñez” en Canarias galiciaartabradigital.com
- ↑ "La fragata ‘Álvaro de Bazán’ hace escala en Ceuta y estará hasta el domingo elfarodigital.es". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dionisio García (coordinador) Buques de la Armada Española. Fragatas clase Álvaro de Bazán. Ikonos Press Madrid 2006 ISBN 84-933884-7-5
