Saltar ao contido

Lockheed Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Lockheed Martin
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Director/a executivo/a
 Bolsa de valores
 Membro de
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
1995 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Lockheed (1970 - 1995)
Martin Marietta (1961 - 1995) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
110.000 (2020)
97.000 (2016)
105.000 (2018)
115.000 (2013)
112.000 (2014)
126.000 (2015)
100.000 (2017)
114.000 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
71.043.000.000 $ (2024)
53.230.000.000 $ (2019)
65.398.000.000 $ (2020)
67.044.000.000 $ (2021)
41.862.000.000 $ (2007)
41.372.000.000 $ (2008)
45.358.000.000 $ (2013)
47.290.000.000 $ (2016)
53.762.000.000 $ (2018)
65.984.000.000 $ (2022)
43.867.000.000 $ (2009)
45.671.000.000 $ (2010)
46.499.000.000 $ (2011)
47.182.000.000 $ (2012)
39.946.000.000 $ (2014)
49.960.000.000 $ (2017)
67.571.000.000 $ (2023) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio
8.348.000.000 $ (2022)
8.644.000.000 $ (2020)
4.527.000.000 $ (2007)
5.049.000.000 $ (2008)
4.367.000.000 $ (2009)
4.105.000.000 $ (2010)
4.020.000.000 $ (2011)
4.434.000.000 $ (2012)
4.505.000.000 $ (2013)
5.012.000.000 $ (2014)
5.888.000.000 $ (2016)
6.744.000.000 $ (2017)
7.334.000.000 $ (2018)
8.545.000.000 $ (2019)
9.123.000.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
5.336.000.000 $ (2024)
6.833.000.000 $ (2020)
3.033.000.000 $ (2007)
3.217.000.000 $ (2008)
2.973.000.000 $ (2009)
2.878.000.000 $ (2010)
2.655.000.000 $ (2011)
2.745.000.000 $ (2012)
2.981.000.000 $ (2013)
3.614.000.000 $ (2014)
5.173.000.000 $ (2016)
1.963.000.000 $ (2017)
5.046.000.000 $ (2018)
6.230.000.000 $ (2019)
6.315.000.000 $ (2021)
5.732.000.000 $ (2022)
6.920.000.000 $ (2023) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
   50.710.000.000 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF143228619 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000096883311 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hkqn Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI1287521167 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: lockheedmartin Twitter: lockheedmartin Instagram: lockheedmartin Youtube: UCJWcF0ex7_doPdIQGbVpDsQ Flickr: 10062223@N06 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lockheed Martin Corporation é unha corporación estadounidense aeroespacial, de armas, defensa, seguridade da información e tecnoloxía con intereses en todo o mundo. Formouse pola fusión de Lockheed Corporation con Martin Marietta en marzo de 1995. A súa sede atópase en North Bethesda, Maryland, na área de Washington, D.C. Lockheed Martin tiña ao redor de 115 000 empregados en todo o mundo, incluídos uns 60 000 enxeñeiros e científicos en xaneiro de 2022.[1]

Lockheed Martin é unha das compañías máis grandes na industria aeroespacial, de apoio militar, seguridade, e tecnoloxía. Foi o contratista de defensa máis grande do mundo por ingresos no ano fiscal 2014.[2] En 2013 o 78% dos ingresos de Lockheed Martin foron por vendas militares;[3] encabezou a lista de contratistas do goberno federal estadounidense e recibiu preto do 10% dos fondos pagados polo Pentágono.[4] En 2009 os contratos do goberno dos Estados Unidos representaron 38 400 millóns de dólares (85%), os contratos de gobernos estranxeiros 5 800 millóns (13%), e outros contratos 900 millóns (2%).[5]

A metade das vendas anuais da corporación son para o Departamento de Defensa dos Estados Unidos. Lockheed Martin tamén é contratista do Departamento de Enerxía estadounidense e da NASA.[6]

Lockheed Martin opera en catro segmentos de negocio: aeronáutica, mísiles e control de fogo, sistemas rotativos e de misión, e espazo.[7] A compañía recibiu o Trofeo Collier seis veces, incluído en 2001 por ser parte do desenvolvemento do LiftFan Propulsion System do X-35/F-35B[8][9][10] e recentemente en 2018 polo Automatic Ground Collision Avoidance System (Auto-GCAS). Lockheed Martin atópase no presente desenvolvendo o F-35 Lightning II e lidera a cadea de subministración internacional, lidera o equipo para o desenvolvemento e implementación de solucións tecnolóxicas para o novo Space Fence da USAF (o substituto do AFSSS),[11] e é o principal contratista no desenvolvemento do módulo de mando Orion.[12] A compañía tamén ten inversións en sistemas de saúde, sistemas de enerxía renovable, distribución de enerxía intelixente, e fusión nuclear compacta.[13]

  1. "CEO Speaker Series with James Taiclet of Lockheed Martin". Council on Foreign Relations (en inglés). Consultado o 2022-05-19.
  2. "Top 20 Defense contractors in 2014". PROFESSIONAL OVERSEAS CONTRACTORS, LLC (en inglés). 2015-01-10. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-20.
  3. Press, Defence IQ (2013-06-12). "Top 10 Defence Companies: Lockheed Martin #1". Defence IQ (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
  4. "Top 100 Contractors Report Fiscal Year 2013". Federal Procurement Data System. Consultado o 24 de maio de 2022.
  5. "Annual report 2009" (PDF). Lockheed Martin. Archived from the original on 17 de outubro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2022.
  6. "Lockheed Martin Corporation". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-05-20.
  7. "Business Areas". Lockheed Martin (en inglés). 2021-03-11. Consultado o 2022-05-23.
  8. "Lockheed Martin · pr_aero_PropulsionSystemInLockheedMartinJoi". web.archive.org. 2013-01-26. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-05-24.
  9. "Propulsion system for a vertical and short takeoff and landing aircraft" (PDF). United States Patent 5209428. Consultado o 24 de maio de 2022.
  10. "Collier Trophy". www.aerofiles.com. Consultado o 2022-05-23.
  11. "Space Fence · Lockheed Martin". web.archive.org. 2015-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2015. Consultado o 2022-05-24.
  12. "Orion · Lockheed Martin". web.archive.org. 2015-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2015. Consultado o 2022-05-24.
  13. "Compact Fusion". Lockheed Martin (en inglés). 2020-01-21. Consultado o 2022-05-22.