Fridtjof Nansen (F-300)
| Fridtjof Nansen | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.
Proxecto
[editar | editar a fonte]
En 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.
O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.
En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen.[1]
En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española.[2]
Buques da serie
[editar | editar a fonte]|
Nome |
Numeral |
Estaleiro |
Iniciado |
Botado |
Entregado |
Indicativo de chamada |
Imaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| F 310 | Izar Ferrol | 9 de abril de 2003[3] | 3 de xuño de 2004 | 5 de abril de 2006 | |||
| F 311 | Izar Ferrol | 3 de xuño de 2004 | 25 de maio de 2005[4] | 21 de maio de 2007[5] | |||
| F 312 | Navantia Ferrol | 28 de marzo de 2005[6] | 28 de abril de 2006 | 30 de abril de 2008[7] | |||
| F 313 | Navantia Ferrol | 28 de abril de 2006 | 23 de novembro de 2007[8] | 29 de setembro de 2009[9] | |||
| F 314 | Navantia Ferrol | 10 de marzo de 2008 | 11 de febreiro de 2009[10][11] | 18 de xaneiro de 2011[12] | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mueren cuatro trabajadores por asfixia en una fragata que se construye en Ferrol", El País, 12 de maio de 2005 (en castelán).
- ↑ "El extraño caso de la fragata oxidada: Oslo acusa a Navantia de venderle un buque con manchas de óxido y el astillero culpa a la pintura elegida por los noruegos" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Belt (en castelán).
- ↑ Puesta de Quilla de la fragata F-310 Fridtjof Nansen
- ↑ Botadura de la fragata F-311 «Roald Amundsen» para la Armada de Noruega
- ↑ Navantia entrega la fragata «Roald Amundsen» a la Armada de Noruega
- ↑ Puesta de quilla de la fragata F-312 «Otto Sverdrup» para Noruega
- ↑ Navantia entrega a la Armada noruega la fragata «Otto Sverdrup», tercera unidad de la serie F-310
- ↑ Botadura de la fragata KNM «Helge Ingstad» en el astillero de Ferrol
- ↑ "Navantia entrega la fragata F-313 Helge Ingstad a la Marina de Noruega". Infodefensa. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia, obligada a aplazar la botadura de la 5ª fragata de la Armada noruega del próximo lunes por el temporal". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia, bota la quinta fragata para Noruega". Navantia. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Navantia entrega hoy a la Marina Noruega la última de las cinco fragatas" Arquivado 16 de xuño de 2018 en Wayback Machine., ABC (en castelán).