Bath Iron Works

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bath Iron Works
General Dynamics Bath Iron Works Logo.png
Biw aerial.jpg
Bath Iron Works.
Fundación1884
MatrizGenaral Dynamics
LocalizaciónBath, Maine, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorThomas W. Hyde
IndustriaNaval
ProdutosBuques de guerra
Na rede
http://www.gdbiw.com/
editar datos en Wikidata ]

Bath Iron Works (BIW) é o maior estaleiro dos Estados Unidos localizado no río Kennebec en Bath, Maine. Dende a súa fundación en 1884 (como Bath Iron Works, Limited), BIW foi factoría privada, comercial e de buques militares, a maioría peticións da Armada dos Estados Unidos de América. A factoría constrúe e deseña buques de guerra, fragatas, cruceiros e destrutores, incluíndo a clase Arleigh Burke, que actualmente se encontra entre as naves de guerra de superficie máis avanzada do mundo.

Dende 1995, Bath Iron Works pasou a ser subsidiaria de General Dynamics, o maior contratista de defensa no mundo dende 2008.

Navantia e a Armada Española son socios tecnolóxicos e deseño con BIW. Nos anos 80 a FFG Oliver Hazard Perry foi usada como base para o deseño das fragatas da clase Santa María da Armada Española. A serie Álvaro de Bazán (F-100) tamén empregan deseños de BIW. En 2017 Navantia e General Dynamics Bath Iron Works asinaron un acordo conxunto para colaborar no programa FFG (X), novo deseño das fragatas americanas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]