Puntal
Aparencia
| Puntal | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Wikidata |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Puntal.
O puntal[1] dun buque defínese como a medida vertical desde o canto superior da quilla ata a unión da traca de cinta (última faixa das pranchas soldadas do costado do buque) coa cuberta principal, medida polo lado de fóra.
onde:
- P = puntal
- C = calado
- F = francobordo
O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O calado do buque máis o francobordo é o puntal. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para puntal.