Saltar ao contido

Siemens AG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Siemens AG
Logotipo
Imaxe
 Epónimo
 Texto lema
Ingenuity for life
Be inspired Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Implicados
 Fundador/a
 Director/a executivo/a
Roland Busch (pt) Traducir 3 de febreiro de 2021
Peter Löscher 1 de xullo de 2007 - 31 de xullo de 2013
Klaus Kleinfeld xaneiro de 2005 - xuño de 2007
Heinrich von Pierer 2005 - 25 de abril de 2007
Heinrich von Pierer 1992 - 2005
Karlheinz Kaske 28 de xaneiro de 1981 - 30 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal320000 (30 de setembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Ten en propiedade
Economía
 Bolsa de valores
Ingresos totais77769000000 € (2023) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto7949000000 € (2023) Editar o valor en Wikidata
Activos totais145067000000 € (30 de setembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1 de outubro de 1847 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF156622677 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000012178835X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016l20 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI1325886976 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
DEBYLT004F Bavarian lobby register (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+49-89-636-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
 Descrito pola fonte
Facebook: 402052193189194 Twitter: Siemens Instagram: siemens LinkedIn: siemens Youtube: UCaEEm-0s0x3MHg9jzFcHuQQ GitHub: siemens Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Siemens AG (en alemán pronunciado [ˈziːməns], pronúnciase "simens") é unha empresa multinacional formada por un conxunto de empresas que traballan no campo da enxeñería eléctrica, electrónica, telecomunicacións, equipamento enerxético, automoción, equipamento médico e iluminación, así como en servizos especializados en diversos campos industriais, o transporte e as telecomunicacións. A súa sede central está en Berlín e Múnic. A empresa opera en 190 países e practicamente en tódolos sectores tecnolóxicos e industriais.

A décimo cuarta Conferencia Xeral de Pesos e Medidas en 1971 aprobou chamar siemens e símbolo S á unidade derivada no Sistema Internacional de Unidades para medir a condutividade eléctrica en memoria e recoñecemento de Ernst Werner von Siemens.

A cotización das accións de Siemens inclúense na base de cálculo dos seguintes índices bolsistas: DAX, S&P Global 100, Dow Jones EuroStoxx 50, Dow Jones Stoxx 50 e Dow Jones Global Titans 50.

Fundadores de Siemens AG
Johann Georg Halske
(1814-1890)
Werner von Siemens
(1822–1881)

A empresa foi fundada polo alemán Werner von Siemens enxeñeiro, inventor, científico, coñecido político e activista social. Fundou a empresa co apoio financeiro de Johann Georg Halske co nome de: Telegraphen-Bauanstalt Siemens & Halske o 12 de outubro de 1847 en Berlín para a fabricación de telégrafos. A partir de 1897 a empresa pasou a chamarse Siemens & Halske AG. En 1849 construíu a primeira liña telegráfica entre Berlín e Frankfurt e de seguido as liñas Berlín Colonia, Hamburgo, Breslau e Stettin. Ese mesmo ano inaugurou a súa primeira delegación no estranxeiro, en Londres. En 1853 Siemens & Halske iniciou a construción da rede telegráfica de Rusia cunha lonxitude de 10.000 Km dende Finlandia ata Crimea.

En 1881 creou a primeira fábrica europea de bombillas incandescentes a que sería o inicio de Osram. A empresa foi das primeiras en ofrecer asistencia social e melloras laborais aos seus empregados, plans de pensións, comedores de empresa ou redución de xornada laboral.

En 1903 asóciase con AEG e fundan a compañía Gesellschaft für drahtlose Telegraphie (coñecida como Telefunken). En 1914 a empresa xa era unha das máis grandes do mundo. A primeira guerra mundial fixo que perdese moitas das súas filiais no estranxeiro que foron nacionalizadas, perdeu patentes e mercados. En 1918 asociada con AEG crea Osram. En 1923 inicia a súa asociación con Fuji. En 1925 inicia a produción de equipamento médico como o de raios X.

Siemens na segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]
Prisioneiros en traballos forzados facendo compoñentes de avións. Fábrica de Siemens no campo de concentración de Auschwitz (Polonia) en 1943.

En 1943 fabrica o seu primeiro radar cun alcance de 150 a 300 Km. Nese mesmo ano empezan a traballar nas súas fábricas prisioneiros de guerra e traballadores forzados dos campos de concentración. Chegou a ter 50.000 traballadores forzados, unha quinta parte do total dos seus traballadores entón. A empresa tiña unha fábrica no campo de concentración de Bobrek, un dos campos de Auschwitz. Gilbert Michelin prisioneiro en Bobrek, nas súas memorias, dicía que as condicións de vida eran tan malas como en Birkenau, pero non había cámaras de gas, non os maltrataban e estableceuse como día festivo o domingo. Por presións posteriores Siemens recoñeceu dereitos e compensacións a estas persoas[1][2]. Nos últimos combates da segunda guerra mundial morreron moitos traballadores e algúns directivos suicidáronse. Na China o director da fábrica de Siemens en Nankin, John Rabe salvou a vida a 200.000 chineses ao permitirlles empregar os terreos da fábrica como refuxio, na matanza de Nankin foron asasinadas segundo o goberno chinés máis de 300.000 persoas[3].

Ao rematar a guerra en palabras dun coronel ruso: «Hitler Kaputt, Berlín Kaputt, Siemens Kaputt»[4].

A finais do século XX Siemens tiña delegacións e operaba en tódolos países do mundo excepto en Israel onde abriu delegación no ano 2000[5].

Siemens despois da segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]
SIMATIC S7 serie 300 e 400

A empresa perdera case tódolos seus activos pero volveu ao mercado polo rápido crecemento económico da posguerra. En 1958 sacou ao mercado o primeiro marcapasos implantable. En 1959 sae ao mercado o sistema de control industrial SIMATIC que aínda segue evolucionando no mercado. Nos anos 50 Siemens iniciou a investigación en tecnoloxía nuclear. En 1963 fabrica o seu primeiro reactor nuclear comercial en colaboración con Westinghouse. Son reactores que podían funcionar con uranio natural ou enriquecido lixeiramente. En 1965, o Mariner IV, con equipamento Siemens transmitiu imaxés da superficie marciana á Terra. Nese mesmo ano, a compañía introduciu no mercado VIDOSON, o primeiro dispositivo de diagnóstico por ecografía en tempo real. En 1966 a empresa pasa a denominarse Siemens AG. En 1967 Bosch e Siemens inician a produción de electrodomésticos. Dende a súa fundación Siemens traballou activamente no desenvolvemento de melloras en trens e no ano 1985 Siemens crea o ICE (tren de alta velocidade alemán). En 1990, fundan Siemens Nixdorf. En 1992 entra no mercado da telefonía GSM. En 2007 Siemens fusionouse coa división de redes de telecomunicacións de Nokia. En 2005 vende a súa división de teléfonos móbiles a BenQ.

En novembro de 2011 a empresa anunciou o abandono do negocio da enerxía nuclear.

Escándalos de subornos na CE

[editar | editar a fonte]

En 2005, primeiro na CE e despois nos Estados Unidos, comezouse a investigar a Siemens polo pago de subornos e a creación dun cártel para fixar prezos e repartir o mercado eléctrico e de telecomunicacións e acadar contratos con outras empresas. Ademais de Siemens foron acusadas: ABB, Alstom, Fuji Electric, Hitachi Japan, AE Power Systems, Mitsubishi Electric Corp., Schneider Electric, Areva, Toshiba e VA Tech[6]. Polas investigacións o CEO Klaus Kleinfeld e o presidente Heinrich von Pierer tiveron que deixar a empresa. Impuxéronse 750 millóns de euros en multas. A comisária da Competencia, Neelie Kroes, declarou: "Estas compañías formaron un cártel, as empresas de servizos públicos e os consumidores foron estafados dende hai máis de 16 anos ". Case 400 millóns de euros tivo que pagar Siemens en multas[7].

Siemens en España

[editar | editar a fonte]
Iluminación da Exposición Internacional de Barcelona de 1929.

En 1862 Siemens construíu a liña telegráfica submarina entre Cartaxena e Orán. A presenza de Siemens en España iníciase en 1895. En 1897 o enxeñeiro catalán Lluis Muntadas i Rovira funda en Barcelona La Industria Eléctrica a que pasaría a ser o 21 de xullo de 1910 a sociedade Siemens Schuckert Industria Eléctrica S.A. fábrica de Siemens en Cornellà. Durante a primeira guerra mundial a sede de España quedou illada da de Alemaña pola neutralidade do país. Nos anos 20 a fábrica foi ampliada. Nos anos 40 e 50 son anos de falta de materia prima e maquinaria. Nos anos 60 modernízase a maquinaria, amplíanse instalacións e créase unha escola de aprendices. En 1955 constúese a fábrica de Málaga. En 1957 constrúe a fábrica de Xetafe. En 1958 acadou a fabricación dun millón de contadores eléctricos en Cornellà. En 1965 inicia a fabricación de motores eléctricos trifásicos. En 1969 acadan o millón de motores fabricados. Coa entrada de España na CEE reestructúrase a empresa e iníciase a fabricación para o sector ferroviario: motores de tracción, control ferroviario e equipamento rodante[8]. Siemens construíu a liña do AVE Madrid-Sevilla e participa nos proxectos de alta velocidade.

Organización interna

[editar | editar a fonte]
Organización de Siemens
Siemens Sector Industrial
  • Automatización Industrial
  • Drive Technologies
  • Tecnoloxías da construción
  • Osram iluminación
  • Solucións industriais
  • Mobilidade
Siemens Sector Enerxía
  • Enerxía fósil
  • Enerxías renovables
  • Petróleo e gas
  • Servizos enerxéticos
  • Transporte de enerxía
  • Distribución de enerxía
Siemens Sector Saúde
  • Imaxe e sistemas de tratamento
  • Produtos clínicos
  • Diagnóstico
  • Solucións locais
Servizos Globais
  • Siemens IT solucións e servizos
  • Servizos Financeiros

Servizos intersectoriais

  • Global Shared Services
  • Siemens Real Estate
Organizacións rexionais

Empresas adquiridas recentemente por Siemens

[editar | editar a fonte]
  • Chemtech - Solucións de enxeñería e TI (2001)
  • Atecs Mannesmann AG (2001) incluíndo Mannesmann Dematic, Mannemann Sachs, Mannesmann VDO Automotive, Mannesmann Demag Krauss-Maffei
  • Danfoss Flow Division (2003)
  • Bonus Energy (2004)
  • Chrysler Group’s Huntsville Electronics Corporation (2004)
  • USFilter Corporation (2004)
  • Woodlands Technology (2004)
  • Photo-Scan (2004)
  • DASAN (Corea do Sur - 2004)
  • Alstom Industrial Turbine Business (2005)
  • Jet Turbine Services (2005)
  • Transmitton (2005)
  • Shaw Power (2005)
  • Chantry Networks (2005)
  • Myrio (EUA/Canadá - 2005)
  • CTI Molecular Imaging (2005)
  • Evoline (2005)
  • VA Tech Group (Austria - 2005)
  • Power Technologies International (2005)
  • AN Windenergie GmbH (2005)
  • Bayer AG -Diagnostic branch (2006)
  • Controlotron, USA (2004)
  • Diagnostic Products Corp. (2006)
  • Bewator AB (Suecia - 2005)
  • Vai Ingdesi Automation (Arxentina - 2007)
  • Kadon Electro Mechanical Services Ltd. (2006)
  • Kühnle, Kopp, & Kausch AG (2006)
  • Opto Control (2006)
  • UGS Corp. (2007)
  • Dade Behring (2007)
  • S/D Engineers, Inc. (2007)
  • VistaScape Security Systems (2006)
  1. Nuevo bochorno de la firma Siemens. BBC (en castelán)
  2. El Holocausto y las grandes empresas. Le Monde diplomatique y Capital Intelectual S.A. Arquivado 16 de novembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. John Rabe Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. S. Jonathan Wiesen. West German Industry and the Challenge of the Nazi Past, 1945-1955. — The Univercity of Northern Caroline Press, 2004. — P. 20. — 352 p. — ISBN 0-8078-5543-X (en inglés)
  5. Siemens in Israel Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  6. EU cracks down on electricity-gear cartel (en inglés)
  7. Siemens droht Kartellstrafe über 400 million Euro (en alemán)
  8. Nuestra Historia. Siemens Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]