Àlex Soler-Roig
Nome orixinal | (ca) Àlex Soler-Roig i Janer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1932 (92 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | rally automobilismo Fórmula 1 |
Participou en | |
1971, 1972 | Campeonato de España de Turismos (en) (1º) |
Familia | |
Parentes | Xavier Juncadella Salisachs, cuñado Daniel Juncadella, sobriño José Juncadella, cuñado |
Àlex Soler-Roig, nado en Barcelona o 29 de outubro de 1931[1], é un ex piloto de carreiras catalán. Participou en 10 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutando o 19 de abril de 1970 e non logrou ningún punto no campionato. Tamén participou en varias carreiras fóra de Campionato de Fórmula Un.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do Dr. Soler-Roig, Àlex comezou a súa carreira no motociclismo antes de entrar no mundo das carreiras de coches, participando en mitins con Fiat e Porsche. As súas primeiras vitorias chegaron en 1958 no trofeo Nuvolari en Barcelona e o Rally de Cataluña. Isto permitiulle lograr algúns patrocinadores para participar no Rally de Monte Carlo. En 1968 correu nas 24 Horas de Le Mans co equipo oficial de Porsche pilotando un 907/6 Langheck e un ano máis tarde nas 24 Horas de Daytona, onde chegou a liderar á súa clase ata que o seu compañeiro Rudy Lins tivo un accidente. No mesmo ano terminou cuarto nas 12 Horas de Sebring cun Porsche 907. Ese mesmo ano participa no campionato de F2 pilotando un Lola, e en 1969 terminou sétimo no Gran Premio de Barcelona nun Lotus F2 de 'Roy Winckelman Team' dirixido por Bernie Ecclestone. Logrou éxitos en varias carreiras con Jochen Rindt primeiro nas 6 Horas de Jarama e segundo nos 1000 km de Bos Aires.
A súa primeira carreira na Fórmula 1 foi no Gran Premio de España de 1970 cun Lotus 49. Os organizadores da carreira limitaron a carreira a 16 participantes, polo que Soler-Roig non conseguiu a cualificación, malia rodar só unha décima de segundo máis lento que Mario Andretti. Con todo na mañá da carreira había unha esperanza de que os non cualificados podían comezar logo de todo, polo que os seus coches colocáronse na grella, pero os organizadores mantiveron á súa decisión orixinal e retiraron o coche de Soler-Roig da grella así como os de Jo Siffert e Andrea de Adamich.[2] Posteriormente participou no Gran Premio de Bélxica, pilotando o Lotus 72 que era para Jochen Rindt. pero, o coche non estaba preparado para a práctica do venres e só logrou completar tres voltas na cualificación do sábado, e polo tanto non se lle permitiu comezar a carreira. A súa última participación na Fórmula Un esa tempada foi outra non cualificación no Gran Premio de Francia nun 49. Gañou o Campionato GT-Sport español ese mesmo ano.
Comezou a tempada de 1971 pilotando un coche oficial do equipo March, combinando o Campionato de Fórmula 1 co Campionato de Turismos de España e Alemaña con Ford Capri. Gañou o campionato español e terminou cuarto en Alemaña, pero non puido terminar ningunha carreira na Fórmula 1.
Soler-Roig uniuse ao equipo Marlboro BRM F1 para a tempada 1972, pero logo dunhas carreiras con problemas co coche e co equipo, decidiu pasar o resto do ano ás carreiras do Campionato de Europa de Turismos con Ford, conseguindo grandes resultados e vitorias nas 24 Horas de Spa, as 24 Horas de Paul Ricard, as 4 horas de Zandvoort, as 4 horas do Jarama e as 3 Horas de Montjuich. A súa retirada do mundo da competición produciuse a finais de 1972, antes do seu 41º aniversario, para dedicarse ao seu negocio familiar.
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1970 | Garvey Team Lotus | Lotus 49C | Cosworth V8 | RSA | ESP NSC |
NC | 0 | |||||||||||
World Wide Racing | FRA NSC |
GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | MEX | ||||||||||
Lotus 72C | MON | BEL NTS |
NED | |||||||||||||||
1971 | STP March Racing Team | March 711 | Cosworth V8 | RSA Ret |
ESP Ret |
MON NSC |
NED Ret |
FRA Ret |
GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 | ||
1972 | España Marlboro BRM | BRM P160B | BRM V12 | ARx Ret |
RSA | ESP Ret |
MON | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alex Soler-Roig". oldracingcars.com. Consultado o 13 xaneiro 2013.
- ↑ Lang, Mike (1982). Grand Prix! Vol 2. Haynes Publishing Group. p. 117. ISBN 0-85429-321-3.