Joffrey Lauvergne: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{Xogador FIBA | nome = <big>Joffrey Lauvergne</big> | imaxe = Mzt - partizan 27.10 (194).JPG | posición = Ala-pivote / Pivote..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 24 de outubro de 2014 ás 11:44
Modelo:Xogador FIBA Joffrey Lauvergne, nado o 30 de setembro de 1991 en Mulhouse, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga para o BC Khimki da VTB United League. Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional
Lauvergne comezou coma profesional no Élan Chalon, onde gañou a liga francesa en 2012, ademais de dúas copas de Francia en 2011 e 2012, e a Semaine des As en 2012. Acadou 5.4 puntos e 3.4 rebotes por encontro na liga francesa. Foi cortado polo equipo o 25 de novembro de 2012.[1]
O 28 de novembro de 2012, Lauvergne asinou un contrato curto co Valencia BC da Liga ACB.[2] Disputou cinco partidos, nos que fixo 5.8 puntos e 3.8 rebotes por encontro.
O 28 de decembro de 2012, Lauvergne asinou un contrato de dous anos e medio co Partizan. Tras rematar a tempada a un gran nivel, foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Memphis Grizzlies, quenes despois traspasaron os seus dereitos ós Denver Nuggets.
O 23 de xuño de 2014, asinou un contrato de dous anos co BC Khimki ruso.[3]
Notas
- ↑ "Elan Chalon waives Joffrey Lauvergne". Sportando. Consultado o 14 de marzo de 2014.
- ↑ "VALENCIA gets Lauvergne on short-term deal". eurocupbasketball.com. 28 de novembro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2013.
- ↑ "JOFFREY LAUVERGNE JOINED BC KHIMKI". bckhimki.ru. Consultado o 24 de xuño de 2014.