Xurxo Ayán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo Ayán
Nacemento5 de novembro de 1976
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e IES Sánchez Cantón
Ocupaciónarqueólogo e investigador
Na rede
https://alucenzadoabade.wordpress.com/
Facebook: xurxo.ayanvila Dialnet: 197758 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xurxo Miguel Ayán Vila, nado en Lugo o 5 de novembro de 1976, é un arqueólogo e investigador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sempre estivo moi ligado á Pobra do Brollón (Cereixa), a terra dos seus pais. Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra[1] e licenciouse con premio extraordinario en Historia na Universidade de Santiago,[2] facendo tamén a tese de doutoramento coa que conseguiu un premio da Deputación de Pontevedra á mellor tese de humanidades en 2012.[3] Arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC de Santiago de Compostela). Desenvolve o seu traballo técnico en tres eidos fundamentais: a avaliación e corrección de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas, a posta en valor do patrimonio e a difusión e divulgación do coñecemento arqueolóxico. A nivel de investigación básica traballa en Arqueoloxía da Arquitectura, en Arqueoloxía de Idade de ferro e en Etnoarqueoloxía.

Gañou un contrato postdoutoral do Programa Juan de la Cierva na Universidade do País Vasco (2014-2017).Gozou dun contrato posdoutoral da Fundación Portuguesa para a Ciencia e a Tecnoloxía na Universidade Nova de Lisboa e dirixiu o proxecto Arqueologia do Estado Novo.[4] Foi investigador convidado na School of Advanced Research (USA), na Academia das Ciencias de Hungría e a Universidade de Binghamton (Nova York, USA).[5]

Pola súa vez, é autor dun cento de artigos científicos en revistas[6] e relatorios en congresos nacionais e internacionais, participando en diferentes proxectos. Colabora tamén con diversos medios, como o portal Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, o xornal Certo e Galicia Confidencial. Tamén publicou en prestixiosas críticas como World Archeology, Journal of Contemporary Archaeology and Archeologies.

Codirixe desde 2014 o proxecto International Brigades Archaeological Project[7] e dirixe desde 2016 Arqueología de la guerra civil y socialización del patrimonio en el monte de San Pedro (Amurrio)[8], Recuperación e posta en valor do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) e Adegas da Memoria.[9]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • La arqueología en la gasificación de Galicia 6: estudios de evaluación de impacto (1999). USC. ISBN 84-8416-925-1.
  • Arqueotectura 2: la vivienda castreña : propuesta de reconstrucción en el Castro de Elviña (2001). Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais, IIT, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-699-6763-0.
  • Plan director del castro de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña) (2004). USC. Con Carlos Otero Vilariño. ISBN 84-688-6348-3.
  • Casa, Familia y Comunidad en la edad del Hierro del NW (2012). Redelibros. Tese de doutoramento.
  • Altamira vista por los españoles (2015). Jas Arqueología Editorial. 312 páxs. ISBN 978-8494436826.
  • Arqueología. Una introducción a la materialidad del pasado (2018). Alianza Editorial. Con Alfredo González Ruibal. 552 páxs. ISBN 978-8491812357.

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Rochaforte (2013). Concello de Santiago de Compostela.
  • De la ocultación de las fosas a las exhumaciones. La represión franquista en el entorno del Campo de Concentración de Castuera (2013). Asociación Memorial Campo de Concentración de Castuera. ISBN 978-84-695-7917-6.
  • Galaicos: un pueblo entre dos mundos (2018). Alvarellos. 180 páxs.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia_SC: Alumnado ilustre". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-11-19. 
  2. "Xurxo Ayán. Universidade Nova de Lisboa - Academia.edu". unl-pt.academia.edu. Consultado o 2020-11-19. 
  3. "Investigadores da USC premiados pola Deputación de Pontevedra". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-19. 
  4. "Xurxo Ayán Vila — ESPI". ihc (en inglés). 2019-05-03. Consultado o 2021-01-27. 
  5. "Xurxo Ayán Universidade Nova de Lisboa - Academia.edu". unl-pt.academia.edu. Consultado o 2020-11-19. 
  6. "Xurxo M. Ayán Vila". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-11-19. 
  7. "Xurxo Ayán Vila — ESPI". ihc (en inglés). 2019-05-03. Consultado o 2020-11-19. 
  8. "25 Oct 16 - Ciclo de charlas y visitas “Arqueología de la Guerra Civil y Socialización del Patrimonio en el Monte San Pedro (Amurrio)”". WFTR (en castelán). 2016-10-23. Consultado o 2020-11-19. 
  9. "Guión". Adegas da Memoria. 2019-03-19. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-27.  Arquivado 05 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]