Xoán Fisher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Fisher
John Fisher (painting).jpg

John Fisher, por Hans Holbein o Novo
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 19 de outubro de 1469 en Beverley, Yorkshire, Inglaterra
Pasamento 22 de xuño de 1535 en Londres, Inglaterra
Ordes
Ordenación sacerdotal 17 de decembro de 1491, por Thomas Rotheram
Consagración episcopal 24 de novembro de 1504, por William Warham
Creado cardeal 21 de maio de 1535, por Paulo III
Bispo de Rochester
14 de outubro de 1504 - 22 de xuño de 1535
Outros
Coat of arms of Saint John Fisher.svg
Escudo de John Fisher
Faciam vos fieri piscatores hominum
Ficha en catholic-hierarchy.org

San Xoán Fisher (en inglés John Fisher) mártir, nado en Beverley (Yorkshire) o 19 de outubro de 1469 e finado en Londres o 22 de xuño de 1535, foi un cardeal e bispo da Igrexa Católica en Inglaterra.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

John Fisher naceu en Beverley, Yorkshire,[1] en 1469, o maior dos catro fillos de Agnes e Robert Fisher, un modesto comerciante de Beverley. O seu pai morreu cando Fisher tiña 8 anos, e a súa nai casou en segundas nupcias con William White, con quen tivo cinco fillos máis. A súa educación comezou con moita probabilidades na escola xunto á igrexa da súa vila, e anos despois asistiu á Beverley Grammar School, una antiga escola en funcionamento dende o ano 700.

Fisher estudou na Universidade de Cambridge dende 1484, onde entrou en contacto con William Melton, un teólogo de mente pastoral aberto ás correntes reformadoras nos estudos. Fisher obtivo o título de Bachelor of Arts en 1487 e en 1491 o título de Master of Arts. Tamén en 1491 Fisher recibiu a dispensa papal para poder entrar ao presbiterado malia atoparse por debaixo da idade canónica.[2] Fisher foi ordenado sacerdote católico o 17 de decembro de 1491. Foi nomeado Vigario de Northallerton, Yorkshire. En 1494 renunciou para converterse en proctor da universidade e tres anos despois comezou a ser capelán e confesor de Margaret Beaufort, Condesa de Richmond e Derby, nai do rei Henrique VII de Inglaterra. O 5 de xullo de 1501 obtivo o Doutorado en Sagrada Teoloxía e dez días máis tarde foi elixido Vice-Chanceler da Universidade de Cambridge. Seguindo os consellos de Fisher, a condesa Margarida fundou o St John's College e o Christ's College en Cambridge. Entre 1505 e 1508 foi tamén presidente do Queens' College. A finais de xullo de 1516 estivo en Cambridge para a inauguración do St John's College e a consagración da súa capela.

Bispo de Rochester[editar | editar a fonte]

Por unha bula papal do 14 de outubro de 1504, Fisher foi nomeado diocese católica de Rochester, Inglaterra pola iniciativa persoal do rei Henrique VII de Inglaterra. Rochester era entón a diocese máis pobre de Inglaterra e polo xeral vista como un primeiro paso nunha carreira eclesiástica. Porén, Fisher permaneceu alí por decisión propia durante os restantes 31 anos da súa vida. Ao mesmo tempo mantivo un grande interese pola Universidade de Cambridge, e en 1504 foi elixido chanceler de dita universidade. Foi reelixido por dez anos e posteriormente nomeado chanceler vitalicio. Tamén adquiriu unha grande reputación como predicador, e en 1509, coa morte do rei e de Lady Margaret, Fisher foi elixido para predicar nos dous funerais. Fisher tamén induciu a Erasmo de Rotterdam a visitar Cambridge. Este atribuiu á protección de Fisher ("Epistulae" 6:2) que o estudo do grego mantívose en Cambridge sen as dificultades que tivo en Oxford.[1]

Divorcio de Henrique VIII[editar | editar a fonte]

Defensa de Catarina de Aragón[editar | editar a fonte]

Cando Henrique VIII tentou divorciarse da Raíña Catarina de Aragón, Fisher converteuse no principal apoio dela e no seu conselleiro de maior confianza. Como tal, presentouse en representación dela ante o tribunal, onde sorprendeu á audiencia polo directo do seu discurso, declarando que estaba disposto a morrer, como San Xoán Bautista, en defensa da indisolubilidade do matrimonio. Ao saber isto Henrique VIII, encolerizou e respondeu ao tribunal cun longo texto en latín en resposta ao discurso do bispo. Consérvase aínda a copia de Fisher deste texto, con anotacións que amosan pouco temor á ira do rei.

Ataques do Rei á Igrexa[editar | editar a fonte]

Cardeal e execución[editar | editar a fonte]

En maio de 1535, o papa Paulo III creou cardeal a Fisher, co título de Cardeal Presbítero de San Vitale, aparentemente coa esperanza de inducir ao rei a mellorar o trato a Fisher, mais o efecto foi o contrario ao desexado:[3] Henrique VIII prohibiu que levaran o capelo do cardeal a Inglaterra, declarando que, no seu lugar, mandaría a cabeza de Fisher a Roma. En xuño publicouse unha comisión especial para o xulgamento do Cardeal e o xoves 17 de xuño foi procesado no Palacio de Westminster ante un tribunal de dezasete persoas, entre as que estaban Thomas Cromwell, o pai de Ana Bolena e outros. Foi acusado de traizón por negar que o rei fora a autoridade suprema da Igrexa de Inglaterra. Como fora privado do seu cargo de Bispo de Rochester, foi tratado como un plebeio e xulgado por un xurado. O único testemuño foi o de Richard Rich. Fisher foi encontrado culpable e condenado a ser aforcado, eviscerado e descuartizado en Tyburn.

San Xoán Fisher
Cardeal, Bispo e Mártir
Proceso de canonización
Beatificación 29 de decembro de 1886, Roma por León XIII
Canonización 19 de maio de 1935, Roma por Pío XI
Veneración
Venerado/a en Igrexa Católica, Igrexa de Inglaterra
Festividade 22 de xuño (Igrexa Católica), 6 de xullo (Igrexa de Inglaterra)
Calendario litúrxico Igrexa Católica:
22 de xuño, Memoria opcional (Festa en Inglaterra, Memoria en Gales)
Igrexa de Inglaterra:
6 de xullo Conmemoración

Veneración[editar | editar a fonte]

Na Igrexa Católica[editar | editar a fonte]

Fisher foi beatificado polo papa León XIII xunto con Tomé Moro e outros 52 mártires ingleses o 29 de decembro de 1886, e en dita beatificación foi posto como o primeiro deles. Anos despois, o 19 de maio de 1935, foi canonizado xunto con Tomé Mouro polo papa Pío XI. A súa festividade, conxunta, é o 22 de xuño, aniversario da execución de Fisher. No calendario xeral romano a súa festividade constitúe unha Memoria opcional, agás en Inglaterra (onde é Festa) e en Gales (Memoria obrigatoria).

Na Igrexa de Inglaterra[editar | editar a fonte]

En 1980, malia ter sido executado por orde do rei Henrique VIII durante a reforma inglesa que creou a Igrexa de Inglaterra, Fisher foi, xunto con Tomé Mouro, engadido ao calendario de santos da Igrexa de Inglaterra, onde a súa conmemoración celébrase o 6 de xullo, aniversario da execución de More,[4] co nome de "Thomas More, Scholar, e John Fisher, Bispo de Rochester, Mártires da Reforma, 1535".

Reliquia[editar | editar a fonte]

O bastón de John Fisher está en posesión da familia Eyston de East Hendred, en Oxfordshire (antigamente Berkshire).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Huddleston, Gilbert. "St. John Fisher." The Catholic Encyclopedia. Vol. 8. New York: Robert Appleton Company, 1910. 18 Feb. 2013
  2. REYNOLDS, Ernest Edwin (1955) (en inglés). Saint John Fisher. Anthony Clarke Books. p. 6.
  3. FOLEY OFM, Leonard (en inglés). Saint of the Day, Lives, Lessons, and Feast. Franciscan Media. ISBN 978-0-86716-887-7. "St. John Fisher"
  4. Santoral da Igrexa de Inglaterra (en inglés)
  5. The Berkshire Book, Berkshire Federation of Women's Institutes (1951)