Wine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WINE-Logo.svg  Wine
Wineie on ubuntu.png
Wine executando Explorer en Ubuntu.
Desenvolvedor: Wine Team
Última versión: 1.4.1 (15 de xuño de 2012)
Sistema operativo: Unix, multiplataforma
Xénero: Capa de compatibilidade
Licenza: GNU LGPL v2.1+
En galego: No.svg
Sitio web: http://www.winehq.org

Wine (acrónimo recursivo en inglés para Wine Is Not an Emulator, que significa «Wine non é un emulador») é unha reimplementación da interface de programación de aplicacións de Win16 e Win32 pra sistemas operativos baseados en Unix. Permite a execución de programas deseñados pra MS-DOS, e as versións de Microsoft Windows 3.11, 95, 98, Me, NT, 2000, XP, Vista, 7 e MacOS.

O nome Wine inicialmente foi un acrónimo pra WINdows Emulator.[1] Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.

Wine fornece:

  • Un conxunto de ferramentas de desenvolvemento para portar código fonte a aplicacións Windows a Unix.
  • Un cargador de programas, o cal permite que moitas aplicacións para Windows 2.0/3.x/9X/ME/NT/2000/XP/Vista e Win 7 se executen sen modificarse en varios sistemas operativos unix-like como GNU/Linux, BSD, Solaris e Mac OS X

Historia do proxecto[editar | editar a fonte]

O proxecto Wine comenzou no 1993, época de a versión 3.11 de Windows. O proxecto posiblemente orixinouse en discusións en comp.os.linux. Os programadores Eric Youngdale e Bob Amstadt crearon a súa primeira versión. A razón pola cal Wine non é un emulador é que os emuladores tenden a duplicar o entorno completo no que un programa vive, incluíndo a simulación da arquitectura de microprocesador determinada. Wine, polo contrario, implementa o que podería chamar unha capa de compatibilidade, a cal fornece alternativas ás bibliotecas de Windows.

A mediados do ano 2002, xa se contaba cunha aplicación con máis de un millón de liñas de código fonte escrito en linguaxe C e cun grupo de máis de 300 programadores. O proxecto tivo tempos nos cales non se avanzou o suficiente, ata que no ano 2003, aplicacións moi estendidas no entorno Windows como Microsoft Office e Internet Explorer foron posibles de ser utilizadas en entornos Unix grazas a Wine.

O proxecto presenta grandes retos para os desenvolvedores, ao menos en parte debido á incompleta documentación da API de Windows. A pesares que a maioría das funcións da API Win32 están correctamente documentadas, existen aínda moitas áreas, como formatos de ficheiros e protocolos, para os cales non existen especificacións documentadas por parte de Microsoft.

Cara comezos do 2003, Wine podía executar moitos programas populares, como Lotus Notes e algunhas versións de Microsoft Office, con comportamentos e estabilidade variables. O éxito do funcionamiento de cada aplicación depende do uso de bibliotecas dinámicas (DLL) de Windows.

A empresa de software Corel axudou moito ao proxecto, empleando temporalmente a un dos principais desenvolvedores, Alexandre Julliard, xunto con moitos outros programadores secundarios. Esta axuda foi motivada polo porting da suite ofimática de Corel a GNU/Linux. Sen embargo, debido a dificultades económicas, o apoio de Corel cesou.

Outras organizacións fixeron esforzos comerciais para apoiar o proxecto, incluíndo CodeWeavers e Linspire. CodeWeavers desenvolveu unha versión comercial, cerrada e visualmente máis atractiva, de Wine e comercialízaa baixo o nome CrossOver Office; ademais, colabora co proxecto, xa sea financiándoo ou con parches.

O desenvolvemento oficial de Wine está orientado cara a correcta implementación da API de Windows como un todo e ainda que se atope un pouco atrasado en estas áreas, desde a súa versión 1.0 do verán do 2008 é capaz de executar con éxito e con poucos ou escasos erros unha grande variedade de aplicacións deseñadas para Windows.

Outros proxectos que incorporaron código fonte de Wine son Rewind e ReactOS.

Estado actual de Wine[editar | editar a fonte]

Unha animación mostrando o progreso en compatibilidade de aplicacións de acordo aos resultados das probas de Wine AppDB (click na imaxe para ver a animación).
     Sw que funciona sen erros ("Platino")      Sw que funciona sen erros pero requiere config. adicional ("Oro")      Sw con errores menores ("Plata")      Sw con errores maiores ("Bronce")      Sw inutilizable("Basura")

De acordo a un estudo realizado en Internet por DesktopLinux.com[2] en 2006, a aplicación Wine é bastante usada con relación as demais cunha demanda do 33,5% dos enquisados,a pesar dos sus considerables defectos; mentres que un 16,7% utiliza o VMware e apenas un 7% usa a aplicación CrossOver. En tanto a porción dos enquisados que non utiliza ningún foi dun 39%.

O 17 de xuño do 2008 o proxecto Wine lanzou a versión 1.0,[3] A primeira versión estable en quince años de desenrolo. Esta presenta melloras con relación as versións alfa e beta, das cales se pode mencionar un mellor soporte de rato nos xogos, aplicacións con uso de bibliotecas OpenGL, manexo de novos estados en Direct3D e mellora do sistema de so, entre melloras importantes.

O 16 de xuño de 2010 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.2,[4] presentando máis de 23.000 cambios no código fonte, máis de 3.000 bugs arranxados e o soporte para aplicacións de 64Bits.

O 7 de marzo de 2012 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.4,[5] engadindo soporte a moitas novas aplicacións como Microsoft Office 2010,(aunque existindo agora o denominado S.O windows 8,dicho desenrolo pode considerarse obsoleto).[6] e xogos de última xeración como Skyrim[7] o Starcraft 2.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Antivirus ClamWin 0.93.1 executado en Ubuntu mediante Wine.

Compatibilidade binaria[editar | editar a fonte]

  • Soporte para programas da familia MS-DOS e Windows (3.x/9x/NT/2000/XP/2003/Vista/2008/7).
  • Soporte para chamadas de funcións de Windows de 64, 32 e 16 bits.
  • Código x86 de 64, 32 e 16 bits.
  • Extensas bibliotecas de interrupcións pra programas utilizando chamadas de modo real INTxx.
  • Capacidades avanzadas de trunking.
  • Posibilidade de engadirlle máis bibliotecas de enlace dinámico (DLL), incluso as nativas de Windows, as cales están ubicadas no cartafolC:\Windows\System32, e poden ser instaladas en wine copiando dichas librerías no cartafol ~/.wine/drive_c/windows/system32.
  • Deseño de enxeñería inversa para mellorar a solución fronte a erros.
  • Execución sobre outras arquitecturas non Intel baixo emulación, con QEMU (Darwine era unha bifurcación de Wine feita para Mac OS X PowerPC, pero o proxecto quedou abandonado).

Gráficos[editar | editar a fonte]

  • Pode debuxar en entornos gráficos basados en X11, SDL texto/ttydrv.
  • Pantalla remota para calquier terminal X.
  • Soporte total de GDI e parcial GDI32.
  • Soporte de DirectX pra xogos.
  • Pode utilizar impresoras para sistemas Microsoft Windows de 16 bits de forma nativa.
  • Interfaz interna de impresión PostScript.
  • Capacidade de meta-Ficheiro.
  • Capacidade de execución nunha ou varias ventanas.
  • Posibilidade de instalar temas visuales de formato msstyle, os nativos de Windows.

Outras características[editar | editar a fonte]

Wine API[editar | editar a fonte]

  • Deseñado para ser compatible con código para Windows de 32 bits.
  • Programas de mostra
  • Documentación xerada automáticamente das API
  • Compilador fonte de 32 bits
  • Capacidade parcial de codificación Unicode
  • Internacionalización: Wine está dispoñible en 16 linguas
  • Depurador integrado e mensaxes de rastreo configurables

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]