Windows 98
Windows 98 é un sistema operativo que Microsoft lanzou ao mercado o 25 de xuño de 1998. Basicamente era unha revisión de Windows 95, e como el era híbrido entre os 16 bit e os 32 bit pero máis grande e lento. A primeira versión tivo problemas de compatibilidade e de estabilidade que se traducían en que o ordenador quedase bloqueado e aparecese unha pantalla azul para indicar un fallo. Tiña soporte para AGT, USB e podíase conectar a múltiples monitores.
O 10 de xuño de 1999 saíu Windows 98 Second Edition que solucionaba moitos dos pequenos fallos da primeira versión.
[editar] Anécdota
A pantalla de "erro azul" á que se fai referencia deixouse ver o día da presentación do Windows 98 ao público, mentres un colaborador de Bill Gates ensinaba como instalar unha impresora o sistema amosou o famoso erro mentres o publico asistente ría e Bill Gates e o colaborador non sabían que dicir.