Corel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corel Corporation
Corel logo.svg
Tipo Cotización pública (NASDAQ:CREL)
Fundación 1985
Localización Otava, Ontario Flag of Canada.svg Canadá
Persoas clave Amish Mehta, Presidente
David Dobson, CEO
Randall D. Eisenbach, COO
Douglas R. McCollam, CFO
Industria Software e Programación
Produtos CorelDRAW, WordPerfect, PaintShop Pro Photo, Corel Ventura, Winzip, WinDVD, Video Studio
Beneficio $164 million USD (2005)
Número de empregados 1.110 (2008)
Páxina web corel.com

Corel é unha compañía canadense desenvolvedora de software. Foi fundada en 1985 por Michael Cowpland, presidente da empresa ata o ano 2000.

Software de deseño gráfico[editar | editar a fonte]

A firma Corel é coñecida internacionalmente polo seu programa de debuxo vectorial CorelDRAW, e de edición de imaxes e fotografías Corel PHOTO-PAINT, comercializados conxuntamente na súa versión X3, o seu programa para maquetado Corel VENTURA 10, o seu programa para artistas Corel PAINTER na súa versión X, o seu programa para retoque fotográfico PAINTSHOP PRO PHOTO XI. Os seus competidores son Adobe Photoshop e Adobe Illustrator. Outro dos seu competidores, Freehand, xa está en fase de extinción ao ser adquirida Macromedia, a empresa que o producía por Adobe, e abandonar esta a súa actualización en favor de Illustrator.

Ofimática[editar | editar a fonte]

Tamén está presente no sector de ofimática, despois en cuota de mercado que Microsoft Office, co seu Corel WordPerfect Office X3. Esta suite ofimática integra o procesador de textos WordPerfect (anteriormente unha compañía independente), a folla de cálculo QuattroPro, un programa para crear presentacións (Presentations), e a base de datos Paradox (antes pertencente a Borland). No 2005 saíu ao mercado WordPerfect Mail.

Corel e Linux[editar | editar a fonte]

Durante 1999-2000 lanzou varios produtos para Linux, entre eles CorelDRAW e WordPerfect. Tamén creou a súa propia distribución de Linux (Corel Linux), baseada en Debian e actualmente desenvolvida e distribuída por Xandros. A partires de 2001 Corel deixou de comercializar os seus produtos para Linux.

Outros produtos[editar | editar a fonte]

Corel ten na súa carteira: o WinZip e os produtos de Intervideo e Ulead, especializadas en software para o fogar: WinDVD, MediaOne, VideoStudio, DVD Movie factory, PhotoImpact, entre outros. Os complementos para programas de edición de mapa de bits: KPT e KnockOut, o novo xestor de fotos dixitais Corel SnapFire, variantes do CorelDRAW como Corel Designer Technical Suite e CorelDRAWINGS, os produtos de iGRAFx para deseño de gráficas de procesos, entre outros. Tamén ten un especializado para Tablet PC: Corel Grafigo.

Pasaron polos enxeñeiros de Corel Roxio Easy Creator, DAZ Bryce, XMetal, que teñen gran prestixio nos seus segmentos.

Acordos con outras compañías[editar | editar a fonte]

En 1996 comprou o departamento de ofimática de Novell, é dicir WordPerfect, para crear Corel WordPerfect Office. Tras cancelarse o proxecto de fusión con Borland, firmou un acordo con Microsoft en 2001. En 2003, Corel foi comprada por Vector Capital, en 2006 novamente cotiza na bolsa. Adquiriu recentemente as compañías JASC, Winzip e Intervideo, o que posiciona a Corel na segunda empresa de software con maior variedade de produtos, despois de Microsoft.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]