Microsoft Office
| Microsoft Office | |
|---|---|
| Desenvolvedor: | Microsoft |
| Última versión: | 2010 (Compilación 14.0.6023.1000 SP1) (29 de xuño de 2011) |
| Sistema operativo: | Windows, Mac |
| Xénero: | Suit ofimática |
| Licenza: | |
| En galego: | ? |
| Sitio web: | Office.Microsoft.com |
Microsoft Office é unha suite ofimática desenvolvida pola empresa Microsoft e que conta con versións para os sistemas operativos Windows e Mac OS.
Índice |
Características [editar]
Os tres programas 'centrais' ou básicos en toda versión desta suite son Microsoft Word, Microsoft Excel e Microsoft Powerpoint; procesador de texto, folla de cálculo e ferramenta de presentacións, respectivamente. As versións para Windows inclúen tamén o programa de xestión de bases de datos Microsoft Access e o xestor de correo electrónico Microsoft Outlook. Outros programas poden aparecer dependendo da versión de Office escollida.
O seu éxito nos Macintosh foi case inmediato, non así nos PC, nos cales as alternativas como WordPerfect tiñan a meirande parte da cuota de mercado. A versión 95, e sobre todo a 97 suporán o dominio do mercado por parte de Microsoft.
Actualmente, alternativas de balde e libres como OpenOffice.org comezan a abrirse paso pouco a pouco, pero sen ameazar de momento a posición de monopolio de facto coa que conta a compañía estadounidense neste sector.
As últimas versións son Office 2010 para Windows e Office 2011 para Macintosh. Precisamente Microsoft, tras un convenio coa Xunta, presentou no ano 2004 a tradución ó galego da versión Windows.
Composición [editar]
Na actualidade, a familia Microsoft Office está formada por:
- Microsoft Word - procesador de textos.
- Microsoft Excel - folla de cálculo.
- Microsoft Powerpoint - programa de presentacións.
- Microsoft Access - base de datos.
- Microsoft Outlook - axenda e programa de correo electrónico.
- Microsoft Publisher - programa de autoedición.
- Microsoft InfoPath - programa para crear formularios en XML.
- Microsoft OneNote - programa para facer apuntamentos.
- Microsoft Project - xestor de proxectos.
- Microsoft Visio - programa para crear fluxogramas.
- Microsoft Communicator[1]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Microsoft Office Online - Páxina oficial de Microsoft Office (en inglés).
- Microsoft Office Language Interface Pack 2007 - Interface de usuario en Galego para moitos programas de Microsoft Office 2007.
|
|||||