Tarxeta de son
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha tarxeta de son ou placa de son é unha tarxeta de expansión para ordenadores que permite a entrada e saída de audio baixo o control dun programa informático.
Características xerais [editar]
Unha tarxeta de son típica incorpora un chip de son que polo xeral ten o convertedor Dixital-Analóxico, o cal cumpre coa importante función de "traducir" formas de ondas gravadas ou xeradas dixitalmente nun sinal analóxico e viceversa. Este sinal é enviado a un conector (para auriculares) onde se pode conectar calquera outro dispositivo como un amplificador, un altofalante, etc.