Windows 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Windows 8 logo and wordmark.svg
  Windows 8
Windows 8 pre-login.png
Desenvolvedor Microsoft
Familia de S.O. Propietario, pechado
Lanzamento 26 de octubre de 2012
En galego Non 
Espazo de usuario Escritorio táctil
Interface de usuario Gráfico
Modelo de desenvolvemento Pechado
Núcleo NT 6.2.9200.16384
Tipo de núcleo Hibrido
Licenza Trialware, physical, Microsoft Software Assurance, MSDN subscription, DreamSpark
Última versión estable 8.1 (v6.3.9600) (17 de outubro de 2013)
Estado actual En venda
Precedido por Windows 7 (2007)
Sucedido por Windows 8.1
Sitio web http://windows.microsoft.com/es-es/windows-8/meet

Windows 8 é a versión actual de Microsoft Windows, a familia de sistemas operativos producidos por Microsoft para uso en ordenadores persoais, incluíndo escritorios domésticos e empresas, netbooks, tablets, servidores e centros multimedia. Engade soporte para procesadores ARM, así como as tradicionais microprocesadores x86 de Intel e AMD. A interface de usuario foi modificado para o facer máis axeitado para uso con pantalla táctil, en adición ao rato tradicional e teclado. A versión comercial lanzouse ao mercado o 26 de outubro do 2012. Respecto ás edicións anteriores, Microsoft cambiou a terminoloxía das diferentes versións que ofrecía do seu sistema. Así, en Windows 8 existe unha versión RT (deseñada para dispositivos con arquitectura ARM, é dicir, especialmente smartphones e tabletas) e dentro xa das versións indicadas para escritorio atopamos: Windows 8 (versión básica, válida para calquera usuario estándar), Windows 8 Pro (engade funcionalidades como o control do escritorio remotamente, o Windows Media Center, o sistema de virtualización Hyper-V e o cifrado das unidades coas ferramentas como BitLocker e BitLocker to Go) e Windows 8 Enterprise (especialmente deseñado para grandes empresas (inclúe Windows to Go, DirectAcess, BranchCache e AppLocker).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Windows 8 Modificar a ligazón no Wikidata