William Mills
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Atletismo masculino | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Toquio 1964 | 10.000 m | |
William Mervin Mills ou "Billy" Mills (nado o 30 de xuño de 1938) é un atleta estadounidense, o único desa nacionalidade que gañou unha medalla de ouro olímpica na proba dos 10.000 metros. Nado en Pine Ridge, Dakota do Sur, Billy Mills, é un nativo americano (da tribo sioux dos Oglagla Lakota).
Orfo á idade de 12 anos, practicaba o boxeo e as carreiras. Finalmente abandonou o boxeo e adicouse a correr. Estudou na Universidade de Kansas e a continuación ingresou no corpo dos Marines dos Estados Unidos, onde obtivo a cualificación para participar nos Xogos Olímpicos de Toquio en 1964.
O favorito dos 10.000 m era o australiano Ron Clarke que posuía o record mundial. A dúas voltas do remate da carreira, tres corredores ían en cabeza: o tunesino Mohammed Gammoudi, o favorito Ron Clarke e Billy Mills. A 300 metros da meta o tunesino colle algúns metros de distancia pero é inmediatamente alcanzado polos seus perseguidores. Neste momento, Billy Mills lanza un ataque e acada a vitoria, quedando segundo Mohammed Gammoudi e terceiro o etíope Mamo Wolde. Ron Clarke non puido soportar o ataque e non logrou ningunha medalla. Mills rebaixou en case 50 segundos a súa propia marca e estableceu un novo record Olímpico (28:24.4).
Máis tarde Mills estableceu os records estadounidenses para os 10.000 m, nas 3 millas e en 1965 bateu o record do mundo nas 6 millas.
A vida de Billy Mills foi levada ao cine en 1984 no filme Running Brave, protagonizado por Robby Benson. Actualmente, Mills é o portavoz da asociación 'Running Strong' pola Xuventude India Americana que traballa en proxectos a prol dos indios americanos en especial da xuventude.
Ligazóns externas [editar]
- Galería da Fama dos Deportes dos EUA - Billy Mills
- Asociación 'Running Strong' pola Xuventude India Americana
|
|||||||||