Segmento B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat Palio, un automóbil de baixo costo do segmento B con carrocería hatchback.

O segmento B é un segmento de automóbiles que se sitúa entre os segmentos A e C. xeralmente teñen espazo para catro adultos e un neno.

Mentres que dúas décadas atrás os automóbiles do segmento B medían uns 3´75 m de longo, actualmente estes vehículos roldan os 4´00 m en carrozaría hatchback, monovolume ou todoterreo, e 4´25 m no caso de carrozarías sedán e familiar. Os motores son case sempre de catro cilindros e as súas cilindradas adoitan estar entre 1.0 e 2.0 litros.

Segundo o tipo de automóbil, un automóbil pode estar nalgún subsegmento. Un automóbil de turismo do segmento B denomínase "polivalente", "utilitario", "compacto pequeno" ou "subcompacto"; un monovolume deste tamaño é un "minimonovolume", e un todoterreo do segmento chámase "minitodoterreo".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]