Vimieiro (árbore)
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
| Vimieiro | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Salix viminalis | ||||||||||||
Salix viminalis, o vimieiro ou vimbieira é unha arboriña ou arbusto do xénero Salix (salgueiros), da familia das salicáceas do que se tiran os vimes.
Índice |
Descrición [editar]
Arbusto grande, ocasionalmente árbore de até 10 m de altura, con pólas magras e longas, erectas; agromos tenros a miúdo con densa pilosidade tomentosa; poliñas de cor verde amarelenta ou pardo cincento a avermellado, mates, con pilosidade cincenta cando son novas. Follas pecioladas, de 5-15 cm de longo e aproximadamente 1,5 cm. de ancho, 6-20 veces máis longas que anchas, lanceoladas estreitiñas ou con bordos paralelos; face foliar de cor verde sucio, mate, con pilosidade dispersa e corta; envés foliar con brillo prateado, cuberto con densos pelos curtos, orientado na dirección dos nervios laterais; bordo foliar enrolado cara abaixo; pecíolo foliar de até 1 cm de longo, con curta pilosidade cincenta; estípulas só nos macroblastos, lanceoladas estreitas, longamente apuntadas. Escamas das xemas pardas, con pilosodade cincenta. As inflorescencias aparecen antes que as follas, e antes da floración presentan una vistosa pilosidade mesta, macía. Amentos masculinos erectos, cilíndricos, de até 3,5 cm de longo e 1 cm de ancho, mestos nas axilas de follas moi pequenas e estreitas, longamente pilosas. Brácteas tectrices elípticas ou ovadas alongadas, con pilosidade longo cincenta; estames dúas veces máis longos que a bráctea tectriz; filamentoso estaminais libres, glabros; anteras elípticas alongadas, amarelas, trala floración de cor vermella acastañada. Amentos femininos erectos, cilíndricos, de até 3 cm de longo e 1 cm de ancho. Ovario case sentado, ovado, de até 6 mm de longo. Estilo case tan longo coma o ovario, fino amarelo; estigmas lineais, divididos en 2-4 partes até a metade. Florece na primavera. Hibrídase doadamente con outros salgueiros. A reprodución vexetativa é moi eficaz. En Galicia é común cortar unhas varas e deixalas nun balde ou nun bocoi con auga até botaren raíces para despois plantalas. Soen agromar sen problema.
Hábitat [editar]
Adóitase atopar nas ribeiras dos regueiros e outros lugares húmidos, xeralmente chairas baixas, sobre solos húmidos. En Galicia cultívase preto dos ríos e regueiros, ás veces formando sebes ou ringleiras. Está naturalizada en moitas zonas.
Distribución [editar]
A orixe exacta da especie é descoñecida por mor de que se vén cultivando dende hai séculos. Crese que é orixinaria do centro de Europa e o oeste de Asia. Crese que na Península Ibérica foi introducida. Moi común en Galicia e toda a Europa atlántica, onde foi cultivada e naturalizada nos terreos baixos.
Usos [editar]
Fornece o mellor vime ou vimbio empregado para cestaría. Moitas especies de salgueiros teñen tamén pólas cesteábeis. Despois de podar a árbore, mergúllanse as pólas na auga durante un tempo até se virar flexíbeis.
Tradicionalmente adoitaba empregarse para atar as viñas.
No eido forestal é unha das especies coñecidas como hiperacumuladora de metais pesados para a restauración de solos contaminados: acumula cadmio, cromo, chumbo, mercurio, zinc, petróleo, hidrocarburos, disolventes orgánicos, MTBE, TCE e subprodutos, selenio, prata, uranio, etc.
Taxonomía [editar]
Salix viminalis foi descrita por Charles Linneo e publicado en Species Plantarum 2: 1021, no ano 1753.
- Salix pseudolinearis Nas.
- Salix rossica Nas.
- Salix rufescens Nas.
- Salix semiviminalis E.Wolf
- Salix serotina Pall.
- Salix splendens Nas.
- Salix strobilacea Nas.
- Salix veriviminalis Nas.
- Salix viminalis var. semiviminalis Poljakov
- Salix viminalis subsp. veriviminalis