Vime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elaboración dun cesto de vime.
Cadeira de vime plástico.

O vime, vimbio, vimbis, bringa ou vimia[1] é unha vara longa e fina que provén das pólas moles e flexíbeis do vimieiro, que se emprega para atar monllos, facer cestos e mobles, atar vides etc. É un material utilizado dende tempos primitivos. Hoxe desígnase coma vime calquera materia prima de orixe vexetal con características semellantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba galega, coincidente coa portuguesa, vime, vén do latín vimen. Tamén se lle denomina en Galicia: vimbia, vimbio, vimia, bringa.

Materiais[editar | editar a fonte]

Alén da vimeira orixinal, na cestaría úsanse outros materiais bastante comúns como algunhas gramíneas, pólas doutros salgueiros, como o salgueiro bravo, pólas de abeleira, millo, canas e bambús. Empréganse poliñas, ou mesmo o tronco principal, sempre que sexa fino e flexíbel.

A súa composición semella feble, mais é robusta, tornándose nunha opción de materia prima barata e doada de obter. Despois de ser trenzado con firmeza, posúe gran resistencia e durabilidade.

Histórico[editar | editar a fonte]

Na Antigüidade utilizouse este material para facer escudos, coma no Imperio Persa. Referencias documentais dan conta da súa existencia no Antigo Exipto e tamén se cre que o seu uso expandiuse na Idade de Ferro, con grande influencia no desenvolvemento da arte celta.

O vime estivo presente nos primeiros prototipos de globos e avións, polo seu baixo peso e resistencia; nos globos, até en tempos actuais, é un dos materias co que se confeccionan os cestos no que van os pasaxeiros.

Nos tempos modernos a súa estética foi influenciada fortemente polo Movemento de Artes e Oficios, do final do século XX.

O rexistro máis antigo nas Américas de artefacto de vime é o de Heywood-Wakefield, en Gardner, Massachusetts. Os artefactos antigos en vime son bastante valorados polos coleccionistas.

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]