Vilarelho da Raia
| Vilarelho da Raia | |
|---|---|
| Concello | Chaves |
| País | Portugal |
| Área | 17,75 km² |
| Poboación | 619 hab. (2001) |
| Densidade | 34,87 hab./km² |
Vilarelho da Raia é unha freguesía portuguesa do municipio de Chaves, con 17,75 km² de área e 619 habitantes (2001) do que resulta unha densidade de 34,9 hab/km².
Situase a 15 km o norte de Chaves e a 200 m de Rabal (Galicia), (como o propio nome indica "raia").
Forman parte da freguesía as aldeas de Vilarelho da raia, Cambedo, Vila Meã e Vilarinho da Raia.
Índice |
Actividades económicas [editar]
Agricultura e comercio, antigamente esta freguesía vivía do contrabando.
Patrimonio [editar]
Igrexa matriz, Museo Etnografico e Arqueológico e capelas do Señor das Almas, de Nosa Señora das Neves, de Santa Catarina e de San Gonzalo.
A igrexa Matriz, igrexa de Santiago, foi construída en 1698.
A Água da Faxa é unha fonte de pedra con espazos para os baños e augas ferrosas, localizada entre Vilarelho da Raia e Cambedo.
Festas e Romarías [editar]
San Xosé (19 de marzo), Santiago (25 de xullo) e Senhor das Almas (penúltimo fin de semana de Agosto). Esta última é moi coñecida na comarca dun e outro lado da Raia polo seu espectáculo de pirotecnia, normalmente todos os emigrantes desta aldea están de volta por esas datas.
Gastronomía [editar]
Fumeiro, xamón e o folar
Colectivos [editar]
- Asociación Social e Cultural de Vilarelho da Raia
Tradición [editar]
O grupo de cantares de Vilarelho da Raia, tendo incluso un CD editado