Ventura Pérez Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ventura Pérez Mariño, no ano 2004.

Ventura José Emilio Pérez Mariño, nado en Vigo o 29 de decembro de 1948, é un xurista e político galego. Foi maxistrado da Audiencia Nacional, deputado no Congreso e alcalde de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1993 pediu a excedencia do poder xudicial para presentarse como candidato independente ao Congreso dos Deputados, encabezando a lista do PSdeG pola provincia de Lugo. Deixou o cargo o 13 de febreiro de 1995 a instancias do partido, catro días despois de romper a disciplina do grupo parlamentario votando en contra do goberno en catro ocasións. Amais, solicitaba publicamente a dimisión do presidente Felipe González, a formación dun goberno de xestión e a convocatoria de eleccións anticipadas[1][2].

En 2003 encabezou como independente a lista do PSdeG nas eleccións municipais do 25 de maio no concello de Vigo. Tras un acordo co BNG, Pérez Mariño foi nomeado alcalde, pero o 29 de novembro dese mesmo ano foi derrocado logo dunha moción de confianza esixida polo Bloque[3], saldada cos votos favorables á súa xestión do PSdeG (8 concellarías) e o grupo mixto (9 votos), e contrarios do PPdG (10) e BNG (7)[4]. O BNG rompeu o pacto de gobernabilidade e retirou o apoio ao alcalde logo de meses de dificultades e desencontros no gobierno local[5]. Corina Porro, daquela portavoz do grupo municipal popular, gobernou en minoría até as seguintes eleccións. O 5 de xullo de 2005 Ventura Pérez renunciou á acta de concelleiro alegando motivos "estrictamente persoais"[6].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Lois Pérez Castrillo
Escudo Vigo.jpg
Alcalde de Vigo

2003
Sucesor:
Corina Porro