Usuario:Waka~glwiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nacín en Tui en 1962, crieime en Vigo, saquei unha titulación universitaria en Madrid, comecei a miña vida laboral na Coruña o 6 de agosto de 1985 e, tras un brevísimo paso por Ourense, dende o día de San Isidro de 1990, vivo e traballo en Lugo.

Interésanme todo tipo de cousas e teño unha curiosidade innata que raia coa mala educación. Iso, sumado á miña memoria (notable, segundo un test do instituto), fixo que me teñan dito de todo: dende que son "insoportable xogando ao Trivial" (as miñas irmás) ata que son "unha enciclopedia andante" (Almudena de Monfero), "wiki" (María de Narón) ou "o maior acumulador de coñecementos inúteis" (Xoán de Ribadeo e Miguel da Rioxa). Así que estaba predestinado a colaborar nesta web, na que me din de alta como XurxoLois o 16 de setembro de 2006.

As miñas achegas[editar | editar a fonte]

Hoxe é
02:51 (UTC)

Xa digo que os meus intereses son variados, pero aquí céntranse ou vanse centrar en:

  • Política
  • Temas de Lugo
  • Xornalismo
  • ... e sen descoidar o meu lado friki, que xa dicía Heráclito:
Unha vida sen diversión é como un longo camiño sen pousada.

Os meus artigos[editar | editar a fonte]

Por agora cítoos por orde cronolóxica de creación. Cando teña un número importante (500 ou así), prometo ordealos alfabeticamente.

As miñas re-creacións[editar | editar a fonte]

(Non os creei eu, pero si que os fixen medrar)

En canto ás miñas tarefas próximas, quero ampliar os artigos sobre Francisco Cacharro e Eliseo Alonso e ir poñendo ao día, ampliando e homoxeneizando, as listas de deputados e senadores da provincia de Lugo dende a restauración da democracia, e outros temas relacionados cos que sinalei no apartado anterior.

Este usuario leva 17 anos, 7 meses e 20 días na Galipedia.