Eitan Livni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eitan Livni
Nacemento1 de abril de 1919
Lugar de nacementoHrodna
Falecemento27 de decembro de 1991
Lugar de falecementoIsrael
SoterradoNahalat Yitzhak Cemetery
NacionalidadeIsrael
Ocupaciónpolítico e industrial
CónxuxeSara Livni
FillosTzipi Livni
editar datos en Wikidata ]

Ieruham "Eitan" Livni (en hebreo: ירוחם "איתן" לבני‎), nado en Hrodna (Polonia, actualmente Belarús) en 1919 e finado en Israel o 27 de decembro de 1991, foi un activista do revisionismo sionista, membro do Irgún, e político israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Livni -cuxo alcume Eitan significa "forte" en hebreo- naceu na entón cidade polaca de Grodno, e emigrou a Palestina no 1925, con seis anos de idade. No 1938, cando contaba con 19 anos, uniuse ao entón clandestino Irgún, onde serviu coma axente operativo. Destacou na súa actividade a fuga da prisión de Acre, logo de pasar dous anos dos quince aos que fora condenado polas autoridades británicas.

Logo da creación de Israel, foi membro da Asemblea de Herut, onde apoiou as posturas do logo primeiro ministro Menachem Begin. Posteriormente ingresou no Likud, partido co cal ocupou o cargo de deputado na Knesset durante tres lexislaturas consecutivas, do 1973 ao 85.

O seu matrimonio con Sarah Rosenberg, compañeira do Irgún, foi o primeiro que se celebrou en Israel, casando o 15 de maio de 1948 ao día seguinte da declaración de independencia [1]. Froito desa relación naceu a súa filla Tzipora, que despois do falecemento do seu pai comezou a súa andaina na política, chegando a ser presidenta do Kadima no 2008 e candidata por ese partido ao Goberno de Israel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tzipi Livni, nos pasos de Golda Meir?[Ligazón morta]; "Sarah e Eitan, ademais, foron a primeira parella en casar no Estado de Israel, o 15 de maio de 1948. O seu matrimonio realizouse durante a Conta do Omer, tempo no que está prohibido realizar este tipo de cerimonias. Porén, a voda realizouse igual co consentimento do Gran Rabino deses anos, que aceptou a solicitude realizada pola nai do noivo, que temía que non podería ver ao seu fillo casar."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]