Troll (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Troll.

O troll (forma procedente da noruegués) é un horrendo ser orixinario da mitoloxía nórdica.

Os trolls no folclore escandinavo[editar | editar a fonte]

Os trolls, que adoitan amorear ouro, son unhas das criaturas máis frecuentes nos contos de fadas escandinavos, máis comúns incluso que os elfos, ananos, meigas ou xigantes (hai que dicir que nestes contos de fadas non hai unha distinción clara entre meigas e trolls femia, como tampouco entre trolls macho e xigantes). Aparecen descritos baixo calquera tamaño, podendo ser tan enormes como xigantes ou tan pequenos como ananos. Non obstante, sempre se lles considera posuidores dunha pobre intelixencia (especialmente os machos, mentres que as femias ou trollkonor poden ser bastante maliciosas), un nariz grande, brazos longos, peludos e non demasiado agraciados (excepto algunhas femias). Nos contos de fadas escandinavos, os trolls xeralmente vólvense de pedra ó contacto coa luz solar. Esta debilidade compártena cos "Svartalfar" (elfos escuros) e os ananos nórdicos.

Os trolls viven no bosque e nas montañas e ás veces raptan nenos obrigándoos a vivir con eles (especialmente princesas). De cando en vez, atrévense incluso a roubar un bebé acabado de nacer, deixando en troques un dos seus propios pequenos. Os nenos suecos máis novos cren a miúdo nos trolls, e unha maneira de ensinarlle ós nenos a cepillarse os dentes é dicirlles que é para desfacerse duns "dentes de troll" moi pequeniños, porque se non lles farán buracos nos dentes.

Nos contos das illas Shetland e Órcadas, os troles denomínanse Trowe, que é unha variante escocesa do troll nórdico.

Os trolls en América[editar | editar a fonte]

Os troles foron popularizados fóra dos países escandinavos por J.R.R. Tolkien. Nos EEUU e Canadá, a antiga crenza nos trolls é paralela a unha crenza moderna no Bigfoot e o Sasquatch. Moitas estatuas de trolls adornan o centro da zona dos negocios de Mount Horeb, Wisconsin, cidade que destaca por levar como alcuño A Capital do Troll. Tamén hai un barrio no nordeste de Fargo, Dakota do Norte que se chama Trollwood.

Na miniserie de TV The 10th Kingdom ('O Décimo Reino'), os trolls son a raza dominante do 3º reino, e teñen grandes e aguzadas orellas e narices, pelo crecho, pouca intelixencia e adoración polos zapatos e o coiro.

Os trolls na música[editar | editar a fonte]

Edvard Grieg, o meirande compositor de Noruega, escribiu varias pezas sobre os Trolls. No Salón da Montaña do Rei, e a Marcha dos Trolls, son dous exemplos do tema. Polo que toca as súas motivacións, Grieg escribiu: "O estraño da vida foi o que o que me volveu salvaxe e tolo... o poder do anano e a furia indomable... audaz e singular fantasía". A antiga casa de Grieg, en Troldhaugen (que significa "O outeiro do Troll"), é actualmente un museo.

Como Grieg, o director de orquestra Johan Halvorsen foi un compositor noruegués nacionalista. Escribiu, A Princesa e o Troll Xigante, Os Trolls entran na Montaña Azul e Danza dos Pequenos Trolls.

Geirr Tveitt foi fortemente influenciado polo romanticismo de Grieg e a exploración cultural do folclore escandinavo, así como a música popular norueguesa. Os Troll Tunes de Tveitt, inclúen traballos como a Troll-Tuned Hardanger Fiddle e The Boy With The Troll-Treasure. Desgrazadamente, o 80% da obra de Tveitt foi destruída nun incendio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]