Tove Jansson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTove Jansson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Tove Marika Jansson Editar o valor em Wikidata
9 de agosto de 1914
Imperio Ruso Helsinqui, Gran Ducado de Finlandia (Imperio Ruso)
Morte27 de xuño de 2001 (86 anos)
Finlandia Helsinqui, Finlandia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Hietaniemi, Helsinqui 
Datos persoais
ResidenciaKlovharun (en) Traducir
Kaartinkaupunki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Belas Artes, Helsinqui
Actividade
Lugar de traballo Helsinqui Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEscritora, ilustradora, pintora
Período de actividade1933 Editar o valor em Wikidata - 1993 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioVera Haij Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca e lingua finesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTuulikki Pietilä[a]
ParellaTuulikki Pietilä (pt) Traducir (1956–2001)
Vivica Bandler (en) Traducir (1946–1946)
Atos Wirtanen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisViktor Jansson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Signe Hammarsten-Jansson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLars Jansson (pt) Traducir e Per Olov Jansson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Hans Christian Andersen Award (1966)
Order of the Smile (1975)
Pro Finlandia (1976)
Sinatura

Páxina webhttp://www.tovejansson.fi
IMDB: nm0418309 Bitraga: 4543 Musicbrainz: d7b30933-54b6-44fb-a7f5-3cf80357e391 Discogs: 791227 WikiTree: Jansson-1529 Find a Grave: 91853375 Editar o valor em Wikidata

Tove Jansson, nada en Helsinqui o 9 de agosto de 1914 e finada na mesma localidade o 27 de xuño de 2001, foi unha escritora finlandesa de expresión sueca, especialmente coñecida como creadora da serie de libros infantís Mumintroll e que recibiu o Premio Hans Christian Andersen en 1966.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tove medrou coma a maior de tres irmáns dunha familia de artistas na capital finlandesa, Signe Hammarsten-Jansson súa nai era unha artista gráfica que procedía de Suecia mentres seu pai, Viktor Jansson era escultor. Os irmáns de Tove, Lars Jansson e Per Olov Jansson tamén se dedicaron ao mundo artístico, o primeiro á banda deseñada e o segundo á fotografía. Durante a súa infancia a familia pasaba os invernos nun estudio e os veráns primeiro nunha illa de Bildö no arquipélago de Estocolmo na casa de seus avós e despois nunha illa preto de Porvoo, paisaxes que lle serviron anos despois como inspiración para o val onde vivían os Munintroll[2]. En 1928 publicou pola primeira volta, versos e ilustracións, nas revistas Allas Krönica e Julen[3] e en 1929 apareceu na revista infantil suecofinlandesa Lukentus a súa serie de banda deseñada Prickinas och Fabians äventyr. En 1930 marchou a Estocolmo para estudar na escola técnica desa capital. No ano 1933 volveu a Helsinqui e publicou o seu primeiro libro Sara och Pelle och neckens bläckfiskar co pseudónimo de Vera Haij[4] e ao pouco iniciaba estudos na Escola de Deseño, especializándose en pintura, entre os seus mestres estiveron William Lönnberg e Uuno Alanko, que non deixarían pegada no estilo de Tove, como si o faría o seu amigo Sam Vannin no seu uso da cor[5]. Tove compaxinou os seus estudos con colaboracións coa prensa, e así en 1934 publicou o seu primeiro conto, Bulevard no Helsingers-Journalen pero academicamente tanto Tove coma outros alumnos estaban insatisfeitos coa aprendizaxe recibida no centro, en especial por parte do profesor principal, Lönnberg, o que resultou en que na primavera de 1936 a maioría dos alumnos do profesor deixase a institución, entre eles Tova, que alugou un estudio cos seus compañeiros Runar Engblom, Christian Sibelius e Unto Virtanen, realizando a súa primeira exposición, colectiva, nese ano. En 1937 volveu de novo á Escola, rematando estudos ese ano e establecendo o seu propio estudio, presentando as súas pinturas en varias exposicións e recibindo unha bolsa de estudo o que lle permitiu ir a París na primavera de 1938 e a Italia no verán de 1939. Pero Tove dependía economicamente do seu traballo como ilustradora de libros, postais e publicidade e das súas colaboracións en diversas revistas, pero foi especialmente significativo o seu traballo para a revista política satírica Garm coa que viña colaborando desde comezos da década pero na que adquiriu gran peso a partir de 1938[6] , ao debutar como debuxante política para converterse na artista principal, ilustrando máis de cen portadas e realizando máís de 500 debuxos, e nas que manifestaba neses anos a súa oposición ao nazismo e aos acordos entre Stalin e Hitler, polo que tivo algúns problemas de censura coas autoridades finlandesas que procuraban unha liña contemporizadora.[7] Durante a segunda guerra mundial ilustrou nos seus debuxos os efectos desta na vida cotiá.

Munintroll[editar | editar a fonte]

A orixe dos munintroll está nun carácter que Tove utilizaba como sinatura canda o seu nome nas súas colaboracións en Garm, e que recibía o nome de Snork ou Niisku [2], era delgado e feo, cun nariz longo e estreito e un rabo coma o dun demo. Segundo relata Jansson na súa autobiografía o deseño procedía da súa mocidade, logo de perder un debate filosófico sobre Immanuel Kant cun seu irmán, pintou a criatura máis fea que puido imaxinar na parede da latrina da súa casa escribindo baixo dela "Kant". O nome vénlle de Einar Hammarsten, tío sueco de Tove, co que vivía cando estaba en Estocolmo coa súa familia e que para que ela non roubase a comida contáballe que uns seres chamados "mumin" vivían na lacena da cociña mesmo botando o aire frío da súa respiración no pescozo da xente.[2] Posteriormente debuxou máis figuras deste estilo, gañando máis peso e adquirindo un feitío máis agradable, e en 1945 publicou o libro Småtrollen och den stora översvämningen, xa protagonizado polos "mumin".

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Os Mumin[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Småtrollen och den stora översvämningen (1945)
  • Kometjakten (1946)
  • Kometen kommer (1968)
  • Trollkarlens hatt (1948)
  • Muminpappans bravader (1950)
  • Muminpappans memoarer (1968)
  • Farlig midsommar (1954)
  • Trollvinter (1957)
  • Pappan och havet (1965)
  • Sent i November (1970)

Colección de contos curtos[editar | editar a fonte]

  • Det osynliga barnet och andra berättelser (1962)

Álbums ilustrados[editar | editar a fonte]

  • Hur gick det sen? (1952)
  • Vem ska trösta Knyttet? (1960)
  • Den farliga resan (1977)
  • Skurken i Muminhuset (1980)
  • Visor från Mumindalen (1993)

Tiras de banda deseñada[editar | editar a fonte]

  • Mumin, libros 1–7 (1977–1981).[8]

Outros libros[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • O libro do verán[9] (1972, Sommarboken)
  • Solstaden (1974)
  • Den ärliga bedragaren (1982)
  • Stenåkern (1984)
  • Rent spel (1989)

Coleccións de contos curtos[editar | editar a fonte]

  • Bildhuggarens dotter (1968)
  • Lyssnerskan (1971)
  • Dockskåpet och andra berättelser (1978)
  • Resa med lätt bagage (1987)
  • Brev från Klara och andra berättelser (1991)
  • Meddelande. Noveller i urval 1971–1997 (1998, recompilación)
  • A Winter Book (2006, recompilación)

Outros[editar | editar a fonte]

  • Sara och Pelle och näckens bläckfiskar (baixo o pseudónimo de Vera Haij, 1933)
  • Anteckningar från en ö (1993, autobiografía; ilustrado por Tuulikki Pietilä)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que o matrimonio entre persoas do mesmo sexo non estaba regulado en Finlandia, Tuulikki Pietilä foi a súa parella.
Referencias
  1. "Tove Jansson". rinoceronte.gal. Consultado o 14 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Tove Jansson no Biografiakeskus, Suvi Ahola
  3. Westin, Boel (2013) Tove Jansson: Ord, bild, liv. Albert Bonniers Förlag
  4. Westin, Boel (1988) Familjen i dalen: Tove Janssons muminvärld Bonniers, p. 295
  5. Bonelius, Elina (2002) Tove Jansson: Muistonäyttely, Tampereen taidemuseo.
  6. "Wartime in Helsinki, Concello de Helsinki". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  7. Ylönen, Marja (2001) Pilahistoria – Suomi poliittisissa pilapiirroksissa 1800-luvulta 2000-luvulle, pp. 174-176.
  8. Drawn & Quarterly (ed.). "Products by Tove Jansson". Consultado o 14 de abril de 2020. 
  9. "O libro do verán". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 14 de abril de 2020.