Golem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O rabino Loew e o seu golem.

Na mitoloxía xudía o golem é un ser animado creado enteiramente de materia inanimada a través dun proceso máxico. O termo utilízase na Biblia para referirse a unha substancia incompleta ou embrionaria (Salmos 139:16). As máis antigas historias de golem datan tamén do antigo xudaísmo, o Talmud describe Adán creado inicialmente como un golem.