Toxo
| Toxo | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Ulex europaeus | ||||||||||||
O toxo é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a planta é ainda nova, as follas son normais, trifoliadas.
Índice |
[editar] Características
O toxo atópase no occidente europeo, desde Escocia a Portugal e ao leste até Bélxica. É a "flor nacional" da Bretaña francesa e de Galiza. Noutras partes nas que se introduciu, como Nova Zelandia, Australia, o oeste dos Estados Unidos e Chile, é unha praga.
Tense a crenza de que o toxo está todo o ano en flor mais non é certo, na Galiza existen 3 clases de toxos, o toxo gateño (Ulex nanis) é o máis pequeno de todos, non pasa dos 80 cm de altura e florece a finais do outono. O toxo femia (Ulex galli) chega ao metro de altura e bota flores a mediados do verán, e por último o toxo arnal (Ulex europeaus), que é o máis grande de todos, chegando aos 3 m, florece na primavera e comezos do verán.
[editar] Floración
As flores, chamadas alecríns ou chorimas, miden entre 1 e 2 cm. O froito é unha vaíña de dous centímetros de cor cinza escuro rodeada dos restos marrón claros da flora. Esta vaíña contén dúas ou tres sementes negras que se liberan cando a vaíña estala en momentos de calor.
Arde moi doadamente, pero medra moi pronto após un incendio, polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes poden xerminar mesmo se se viron algo afectadas polo lume. O seu uso tradicional é como estrume para as cortes, aínda que a finais do século XX coñeceuse unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para a súa utilización como biomasa.
[editar] O toxo na cultura popular galega
- Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo. [1]
- Se che preguntan mañán/ de quen era a parranda,/ era das mozas da Torre/ porque elas levan a palma.
- Vaite á merda, vaite á merda,/ por riba dun pau de toxo/ que anda decindo a xente/ que eres fillo dun piolloso.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de toxos.
-
Toxos e breixos, na península do Grove.
[editar] Notas
- ↑ A Torre, lugar de Arealonga (Vilagarcía).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- BOUZA BREY, F.: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.