Toxo gateño
| Toxo gateño | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Toxo molar (Ulex minor) en amarelo con queiroas (Calluna vulgaris), en rosa. |
|||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| ''Ulex minor'' Roth |
|||||||||||||||||||
O toxo gateño ou toxo molar (Ulex minor) é un gamallo espiñento da familia das fabáceas. Tamén é chamado toxo femia (cómpre non confundilo co Ulex gallii) e toxo albariño. Común en Galicia.
Índice |
Descrición [editar]
Arbusto de até 2 m, moi ramalludo e espiñento, con espiñas densamente agrupadas na parte basal dunha espiña máis grosa (espiña primaria). Follas alternas, trifoliadas ou unifoliadas, frecuentemente reducidas a filodios (peciolo aplastado). Flores hermafroditas, zigomorfas, pentámeras, axilares. Cáliz de (6,5) 7-9,5 mm, dividido até a base en dous labios, un superior con dous dentes e outro inferior con tres dentes, laxamente peloso, con pelos aplicados. Corola amarela, con pétalo superior (estandarte) máis longo que os laterais (ás) e que a quilla formada por fusión dos dous pétalos inferiores. Androceo con 10 estames soldados polos filamentos na parte inferior para formar un tubo que envolve o ovario (androceo monadelfo). Ovario súpero, cun só carpelo. Froito en legume de 8-9,5 mm, plana, sen pelos.[1]
Distribución e hábitat [editar]
Distribución atlántica[1].En Portugal, noroeste de España, Francia e Gran Bretaña.[2] Soe medrar en brañas e lameiros, formando matos de uceiras oligotrofas en solos temporalmente asolagados, mesturado con uces e queiroas. Florea e frutifica dende o verán até a primavera.[1] Común en toda Galicia. Consegue vivir até os 900 metros de altitude[3]. Está presente na metade sur das provincias de Pontevedra e Ourense.
Usos [editar]
En Galicia e nas montañas do norte e centro-oeste de Portugal, úsase coma estrume e na alimentación de animais herbívoros domésticos. Débese á gran cantidade de azote presente nesta especie. Tamén se emprega, pola mesma razón, na produción de adubos nitroxenados[4].
Véxase tamén [editar]
Referencias [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. ISBN 978-84-96776-85-2.
- ↑ Flores Silvestres de España y de Europa. ISBN 84-282-0857-3.
- ↑ "Tojo-molar (Ulex minor)". http://www.florestar.net/tojo-molar/tojo-molar.html.
- ↑ "Tojo-molar (Ulex minor)". http://www.florestar.net/tojo-molar/tojo-molar.html.