Ramón Tojo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ramón Tojo Lens")
Ramón Tojo Lens, nado na Meana, parroquia de Seira (Rois) en 1965, é un empresario e político galego do PPdeG.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Enrique Tojo, que foi alcalde de Rois polo PPdeG entre 1991 e 2003, é empresario do sector madeireiro. En 2007 presentouse por primeira vez encabezando a candidatura do PPdeG no concello de Rois e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 2011 volveu repetir a maioría absoluta.
| Predecesor: Xosé Manuel Penas Patiño |
Alcalde de Rois 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |