Condado de Edesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Edesa

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalEdesa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Relixióncristianismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1098 Editar o valor em Wikidata
Disolución1150 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata

Os Estados dos Cruzados en 1135

O condado de Edesa foi o primeiro, e un dos principados estados cruzados do século XII, centrado en torno á cidade de Edesa, que tiña unha longa historia desde a Antigüidade, ademais dunha extensa tradición cristiá.

O condado de Edesa era diferente do resto dos principados cruzados, pois estaba no interior, rodeado de territorio musulmán, alonxado dos demais principados, e non mantiña boas relacións co seu veciño máis próximo, o principado de Antioquía.

Ademais, a metade do condado, incluída a súa capital, encontrábase ao leste do río Éufrates e, polo tanto, nunha posición moi oriental con respecto aos demais territorios dos cruzados. A súa parte occidental, ao oeste do Éufrates, rexíase desde a fortaleza de Turbessel.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1098, Balduíno de Boulogne, nobre franco que foi un dos líderes da Primeira Cruzada, viaxou cos seus irmáns máis vellos, Eustaquio (máis tarde Eustaquio III de Boulogne) e Godofredo de Bouillon até Heraclea Cybistra en Asia Menor.[1][2]

En 1097 separouse do corpo principal da Cruzada, que se dirixía cara ao sur, cara Antioquía e Xerusalén, e viaxou cara ao leste en dirección a Edesa, cruzando Cilicia.[1][2]

Período de expansión: o condado entre 1098 e 1131, xunto con outros Estados cruzados e o reino armenio de Cilicia
Período de crise: redución territorial e desaparición do condado, 1131-1150

Balduíno conquistou importantes fortalezas nas terras ao oeste do Éufrates coa axuda da poboación armenia local. Thoros de Edesa invitouno a ir a Edesa para loitar contra os selxúcidas. Unha vez alí, convenceu ao señor da cidade, Thoros de Edesa, de que o adoptase como fillo e herdeiro.[1]

Porén, aproveitando unha revolta contra Thoros, Balduíno conquistou a cidade e estableceu o primeiro estado cruzado o 10 de marzo de 1098. Para fortalecer o seu goberno, Balduíno, viúvo, casou cunha nobre armenia, Arda de Armenia.[2][3]

Balduíno entrou nun conflito que duraría moitos anos, con Tancredo de Hauteville, tamén coñecido como Tancredo de Galilea, un señor normando da baixa nobreza, que participaba na Cruzada, pola conquista e dominio da cidade de Tarso, na Cilicia. Tancredo pretendía facerse con algún territorio para establecerse como príncipe en Oriente, e Balduíno debía de ter as mesmas intencións. Balduíno conquistou Tarso, que era de Tancredo. Os exércitos de Tancredo e Balduíno enfrontáronse brevemente en Mamistra, pero nunca chegaron á guerra aberta, e Tancredo seguiu camiño de Antioquía.

Thoros era greco-ortodoxo, e como tal non era do agrado dos seus súbditos ortodoxos-armenios, e pronto morreu asasinado, non se sabe se Balduíno tivo algo que ver na súa morte. En calquera caso, Balduíno pasou a ser o novo señor, tomando o título de conde (xa fora conde de Verdún, en Europa, como vasalo do seu irmán Godofredo).

En 1100, Balduíno converteuse en rei de Xerusalén, cando o seu irmán Godofredo de Bouillon, o Defensor do Santo Sepulcro e gobernador do novo estado, morreu. O condado de Edesa pasou entón ao seu primo Balduíno de Bourg, ao que se lle uniu Xoscelino de Courtenay, como señor da fortaleza de Turbessel sobre o Éufrates, unha importante defensa fronte aos turcos selxúcidas.

Os señores francos mantiveron boas relacións cos seus súbditos armenios, e houbo varios matrimonios mixtos: os tres primeiros condes casaron con damas armenias:
Como quedou dito, Balduíno I casou con Arda, Balduíno de Bourcq casou con Morfia, filla de Gabriel de Melitene e Xoscelino de Courtenay, cunha filla de Constantino I de Armenia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Matthew, of Edessa; Ara Edmond Dostourian; Grigor Narekatsʻi Saint (1993): Armenia and the Crusades, Tenth to Twelfth Centuries: The Chronicle of Matthew of Edessa. Trad. por Ara E. Dostourian. Lanham: University Press of America. ISBN 978-0-8191-8953-0.
  2. 2,0 2,1 2,2 Baldwin I king of Jerusalem na Enciclopedia Británica.
  3. Baldovino I re di Gerusalemme na Enciclopedia Treccani.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Grousset, René (1949): L'Empire du Levant: Histoire de la Question d'Orient.
  • Robinson, John (1994): Dungeon, Fire and Sword: The Knights Templar in the Crusades. Londres: Brockhampton Press. ISBN 1-8601-9952-6.
  • Ferdinandi, Sergio (2017): La Contea Franca di Edessa. Fondazione e Profilo Storico del Primo Principato Crociato nel Levante (1098-1150). Roma: Pontificia Università Antonianum. ISBN 978-88-7257-103-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]