Thomas D. Rogers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas D. Rogers
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Actividade
Ocupacióndeseñador Editar o valor em Wikidata

Thomas D. Rogers, nado en Poughkeepsie, Nova York, en 1945, é un escultor e gravador, coñecido especialmente polos seus deseños de moedas para a Casa da Moeda dos Estados Unidos.

A súa marca de gravador máis común é TDR.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas D. Rogers naceu en 1945 na vila de Poughkeepsie, condado de Dutchess, no Estado de Nova York.[1]

Logo de servir na Armada, formouse en Artes no bienio 1970-1972 no Duitchess Community College, onde acadou un grao técnico en Arte Comercial. En 1972 ingresou na Medallic Art Company como deseñador de esbozos e escultor, e alí desenvolveu unha técnica para esculpir directamente no xeso. Dous anos máis tarde abandonou a compañía e estableceuse como deseñador e escultor independente ata 1990. Logo de exercer un ano como medallista na compañía Medalcraft Mint, de Wisconsin, en outubro de 1991 incorporouse á Casa da Moeda dos EEUU e desenvolveu o seu traballo nas instalacións da Casa da Moeda de Filadelfia ata a súa xubilación en 2001.[1][2][3]

Logo da súa xubilación, inicialmente pasou a residir en 2003 en Long Beach, Washington,[4] e en 2009 trasladouse a Oregón, onde continuou o seu traballo como artista.[1][3] Neste período fixo tamén algún deseño para a US Mint, xa como artista independente contratado.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

Moedas circulantes[editar | editar a fonte]

O traballo polo que é máis recoñecido é o reverso do popular dólar Sacagawea, na súa versión inicial, de 2000 a 2008.[8][9] Así mesmo, foi o autor do deseño do reverso de 2016 desta moeda, conmemorativo dos descifradores indios da primeira e da segunda guerra mundial.[2][10][11]

Outros dos seus deseños para moedas circulantes foron os dos reversos cuartos de dólar da serie 50 State quarters, en concreto os dedicados a Massachusetts,[12] a Maryland[13] e a Carolina do Sur,[14] en 2000 e Rhode Island[15] en 2001.[2][4][11]

Moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]

Thomas D. Rogers conta tamén entre os seus traballos con deseños para varias moedas conmemorativas e de investimento emitidas pola US Mint, entre elas o reverso inicial das moedas de platino da serie American Platinum Eagle (1997),[16] así como dos reversos desta mesma serie correspondentes a 1998 e 2001.[2][17][11]

Igualmente deseñou os anversoa da moeda de 10 dólares de ouro da Biblioteca do Congreso (2000).[2][11][18]

Os deseños de Rogers son habituais, entre outras, nas moedas dun dólar de prata de carácter conmemorativo que a Casa da Moeda dos Estados Unidos emite anualmente con diferentes motivos, entre elas: o quinto centenario de Cristovo Colón (1992),[19] a Declaración de Dereitos (1993),[20] o 50 aniversario da II guerra mundial (1993),[21] o monumento aos veteranos de Vietnam (1994),[22] os Xogos Olímpicos Especiais (1995),[23] o 150 aniversario do Instituto Smithsoniano (1996),[24] o Servizo Comunitario Nacional (1996),[25] Robert F. Kennedy (1998),[26] Dolley Madison (1999)[27] e a Biblioteca do Congreso (2000).[2][11][28]

Medallas[editar | editar a fonte]

Dentro da súa ampla produción medallística cabe salientar, entre outros moitos traballos, a medalla do centenario da American Numismatic Association (1991),[29] o anverso da medalla do bicentenario da US Mint (1992),[30] o anverso da medalla do Congreso a Gerald e Betty Ford (1998),[31] o reverso da medalla do bicentenario da Casa Branca (2000) ou o reverso da medalla do nomeamento presidencial de Barack Obama (2009)[32].[1][2][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Thomas D. Rogers". Smithsonian American Art Museum.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Thomas D. Rogers, Sr.; Professional Biography". Tdrogers.com
  3. 3,0 3,1 Roach, S. (2009). "Former U.S. Mint sculptor-engraver shares secrets at ANA". En Coin World. Vol. 50. Nº. 2.558. 10 de abril. Páxina 100.
  4. 4,0 4,1 Hamilton, D. (2003). "Flip a coin: Heads … or salmon? or beavers? Get ready to rumble as state gears up to design its new quarter Arquivado 31 de maio de 2022 en Wayback Machine.". En Portland Tribune. 19 de agosto.
  5. Gilkes, P. (2016). "2016 Native American Dollar: U.S. Mint Launches Sales of Circulation-Quality Coins". En Coin World. Vol. 57. Nº 2.914. 15 de febreiro. Páxina 4.
  6. "ANA honors Thomas D. Rogers Sr. with Medallic Sculpture Award Arquivado 08 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". American Numismatic Association. 13 de agosto de 2000.
  7. Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6
  8. "Sacagawea Golden Dollar Coin". United States Mint.
  9. Yeoman, R. S. (2009). The Official Red Book: A Guide Book of United States Coins (63ª ed). Whitman Publishing, Atlanta. Páxinas 226-227, 346-348. ISBN 978-079482763-2
  10. "2016 Native American $1 Coin". United States Mint.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 "U.S. Mint Designer Thomas Rogers Signs Exclusive PCGS Signature Label Deal". Professional Coin Grading Service. 20 de xuño de 2019.
  12. "Massachusetts State Quarter". United States Mint.
  13. "Maryland State Quarter". United States Mint.
  14. "Maryland State Quarter". United States Mint.
  15. "Rhode Island State Quarter". United States Mint.
  16. "American Eagle Platinum Bullion Coins". United States Mint.
  17. Schechter, S. (2018). "Revisiting platinum 'Vistas of Liberty': Platinum coins form five-year series". En Coin World. Vol. 59. Nº 3.026. 9 de abril. Páxina 32.
  18. "Library of Congress Commemorative Bi-Metallic Ten Dollar Coin". United States Mint.
  19. "Christopher Columbus Quincentenary Dollar". United States Mint.
  20. "Bill of Rights Dollar". United States Mint.
  21. "1 Dollar World War II". Numista.com
  22. "Vietnam Veterans Memorial Silver Dollar". United States Mint.
  23. "Special Olympics World Games Silver Dollar". United States Mint.
  24. "Smithsonian 150th Anniversary Dollar". United States Mint.
  25. "National Community Service Dollar". United States Mint.
  26. "Robert F. Kennedy Silver Dollar". United States Mint.
  27. "Dolley Madison Commemorative Silver Dollar". United States Mint.
  28. "Library of Congress Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.
  29. "ANA 100th Anniversary". Tdrogers.com
  30. "U.S. Mint Bicentennial Medal Reverse". Tdrogers.com
  31. "Gerald and Betty Ford Congressional Medal". Tdrogers.com
  32. "Barack Obama Presidential Inaugural Medal". Smithsonian American Art Museum.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]