Paulina Rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulina Rubio
Paulina Rubio en Barcelona
Nome completoPaulina Susana Rubio Dosamantes
AliasLa Chica Dorada
El Huracán Paulina
Data nacemento17 de xuño de 1971 (52 anos)
Cidade de México, México
Nado enCidade de México
Ocupacióncantante, actriz, presentadora, modelo e empresaria
XéneroPop, Rock
Instrumento(s)voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)EMI Music (1992-1997)
Universal Music Group (2000-presente)
Sony/ATV Music Publishing (2009)
Tempo en activo1981 - actualidade
Na rede
http://www.paulinarubia.com
IMDB: nm0748368 Allocine: 426944 Allmovie: p448772
Facebook: paulinarubio Twitter: PaulinaRubio Instagram: paulinarubio MySpace: paulinarubio Youtube: UCuxn1zFiLGD-T43TSk9YqSg TikTok: paulinarubioficial Spotify: 1d6dwipPrsFSJVmFTTdFSS iTunes: 264450 Last fm: Paulina+Rubio Musicbrainz: 5938c629-1d06-480b-9780-859b153af11e Songkick: 314612 Discogs: 112456 Allmusic: mn0000027136 Deezer: 1464 Genius: Paulina-rubio Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paulina Susana Rubio Dosamantes, coñecida artisticamente como Paulina Rubio, nada na Cidade de México o 17 de xuño de 1971, é unha cantante e actriz mexicana que vendeu máis de 20 millóns de discos en toda a súa carreira discográfica. O 30 de abril de 2007, contraeu nupcias co empresario español, Nicolás Vallejo-Nájera "Colate", do que se divorciou en 2012 e co que ten un fillo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer no seu país natal co grupo musical 'Timbiriche' en 1981 e sepárase do grupo en 1991 logo de gravar preto de 10 álbums de estudio con eles. En 1992 lanza La chica dorada, sendo o seu debut discográfico en solitario coa compañía EMI Music . Tempo despois lanzaría os seus seguintes álbums: 24 kilates, El tiempo es oro, considerado o mellor traballo da cantante con esta compañía discográfica, aínda que non o máis recoñecido, e Planeta Paulina, último en gravar con EMI Music. Máis tarde Paulina Rubio converteuse nunha das artistas mexicanas con máis proxección de México, pero sen lugar a dúbida o seu mellor momento musical chegaría tempo despois.

No ano 2000, asinou contrato con Universal Music Group, compañía que a levaría a ser coñecida internacionalmente, nese mesmo ano lanza o seu disco Paulina. O disco colocouse como o máis vendido do ano 2001, entregaronlle 2 discos de diamante por máis de 2.000.000 millóns de unidades en mondo. En España consagrouse como a primeira artista mexicana en conquistar o público español grazas ao tema "Vive el verano". O álbum Paulina editouse en países como Italia o España debido aos sinxelos como "Lo haré por ti", "Y yo sigo aquí", "Yo no soy esa mujer" e "El último adiós". Para ese tempo os medios chamárona o "Huracán Mexicano"[1] debido ó éxito na súa carreira.

En 2002, Universal Music e Paulina Rubio deciden que é tempo de dar un paso internacional co disco Border Girl, disco que conseguiu Disco de Ouro nos Estados Unidos, o Canadá, Italia e o Xapón, o seu primeiro sinxelo "Don't Say Goodbye" filtrouse rapidamente en varios países de Latinoamérica, o vídeo e canción gustaron ó público nipón e foi entón cando paulina fixo unha xira no Xapón. En 2004 pública o seu terceiro álbum internacional Pau-latina con singles como "Te Quise Tanto" e "Dame Otro Tequila" que ocuparón os primeiros lugares dos charts de América Latina e Estados Unidos.[2][3]

Seguíronlle Ananda en 2006 e Gran City Pop en 2009. Paulina logrou vender máis de 20 millóns de discos e 1 millón de descargas dixitais ao longo da súa carreira.[4][5]

A finais de 2011 sae o seu décimo disco, Brava!. Antes de publicalo xa anticipou un single titulado "Me Gustas Tanto".

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]